Diferenzas entre revisións de «Cloroplasto»

m (r2.7.3) (Bot: Modifico: ru:Хлоропласты)
[[Ficheiro:Plagiomnium affine laminazellen.jpeg|miniatura|250px|Cloroplastos en células de ''[[Plagiomnium affine]]'']]
[[Ficheiro:Überseemuseum Bremen 2009 238.JPG|miniatura|dereita|250px|Modelo de cloroplasto]]
Os cloroplastos son un dos varios orgánulos que se considera que se orixinaron a partir de [[cianobacteria]]s por medio dun proceso de [[endosimbiose]] con outras células. O primeiro en suxerilo foi [[Konstantin Mereschkowski|Mereschkowsky]] en 1905<ref>{{cite journal | author= Mereschkowsky C | título= Über Natur und Ursprung der Chromatophoren im Pflanzenreiche | journal= Biol Centralbl | year=1905 | volume=25 | pages=593–604}}</ref> despois de coñecer os traballos de [[Andreas Franz Wilhelm Schimper|Schimper]] de 1883, nos que se sinalaba o parecido entre cianobacterias e cloroplastos.<ref>{{cite journal | author= Schimper AFW | título= Über die Entwicklung der Chlorophyllkörner und Farbkörper | journal= Bot. Zeitung | year=1883 | volume=41 | pages=105–14, 121–31, 137–46, 153–62}}</ref> Pénsase que todos os cloroplastos derivan directa ou indirectamente dun único evento endosimbiótico (nos [[Archaeplastida]]), agás no caso de ''[[Paulinella]] chromatophora'', especie que adquiriu máis recentemente un endosimbionte fotosintético cianobacteriano, que non está moi relacionado cos cloroplastos dos outros eucariotas.<ref>{{cite journal | título = Diversity and evolutionary history of plastids and their hosts | author = Patrick J. Keeling | url = http://www.amjbot.org/cgi/content/full/91/10/z1481 | journal = American Journal of Botany | year = 2004 | volume = 91 | pages = 1481–1493 | doi = 10.3732/ajb.91.10.1481 }}{{deadligazón linkmorta|datedata=Julyxullo de 2010}}</ref>
Nas plantas os cloroplastos están rodeados por dúas membranas, as cales se pensa que se corresponden coas membranas externa e interna da primitiva cianobacteria endosimbionte.<ref>{{cite journal |author= Joyard J Block MA, Douce R|título=Molecular aspects of plastid envelope biochemistry. |journal=Eur J Biochem. |volume=199 |pages=489–509 |year=1991 |pmid=1868841 |doi= 10.1111/j.1432-1033.1991.tb16148.x |issue= 3}}</ref> O xenoma dos cloroplastos está considerablemente reducido comparado co das cianobacterias de vida libre, pero o xenoma que conservan mostra claras similitudes co xenoma cianobacteriano. Os cloroplastos poden conter 60-100 xenes cando as cianobacterias a miúdo conteñen máis de 1500 xenes.<ref>{{cite journal |author=Martin W, Rujan T, Richly E |título=Evolutionary analysis of Arabidopsis, cyanobacterial, and chloroplast genomes reveals plastid phylogeny and thousands of cyanobacterial genes in the nucleus |journal=Proc. Natl. Acad. Sci. U.S.A. |volume=99 |issue=19 |pages=12246–51 |year=2002 |month=September |pmid=12218172 |pmc=129430 |doi=10.1073/pnas.182432999 |url=http://www.pnas.org/cgi/pmidlookup?view=long&pmid=12218172|archiveurl = http://www.webcitation.org/5uKjjsvvn |archivedate = 2010-11-18|deadurl=no}}</ref> Moitos dos xenes perdidos están hoxe codificados no xenoma nuclear da célula hóspede. Debeu de haber unha transferencia de información do xenoma do cloroplasto ao nuclear, que na planta do tabaco foi estimada en un xene por cada 16000 grans de pole.<ref>{{cite journal |author=Huang CY, Ayliffe MA, Timmis JN |título=Direct measurement of the transfer rate of chloroplast DNA into the nucleus |journal=Nature |volume=422 |issue=6927 |pages=72–6 |year=2003 |month=March |pmid=12594458 |doi=10.1038/nature01435 }}</ref>
184.723

edicións