Rómulo e Remo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
arranxo
Servando2 (conversa | contribucións)
arranxo
Liña 3:
Segundo a tradición romana, '''Rómulo''' foi, xunto con seu irmán '''Remo''' o fundador de [[Roma Antiga|Roma]]. A lenda di que eran fillos de [[Marte (deus)|Marte]] e de [[Rea Silvia]]. [[Numitor]], o pai de [[Rea Silvia]], era o rei de [[Alba Longa]]. Foi destronado polo seu irmán [[Amulio]], quen o expulsou da cidade, matou aos seus fillos homes e obrigou a [[Rea Silvia]] a dedicarse ao culto de [[Vesta (mitoloxía)|Vesta]]. Cando naceron os xemelgos foron abandonados pero unha loba atopounos e coidou deles ata que o pastor Fáustulo os recolleu. Os xemelgos querían fundar unha cidade e Rómulo trazou unha liña no chan para sinalar o recinto, no [[Palatino]].
 
No ano [[-753]], ambos comezaron a construír a cidade xunto ao Monte Palatino cando, segundo a [[lenda]], Rómulo matou a Remo por atravesar sacrilegamente o ''[[pomeriumpomoerium]]''. Tras a fundación da urbe, Rómulo invitou a criminais, escravos fuxidos e exiliados para lles dar asilo na nova cidade, chegando así a poboar cinco dos sete outeiros de Roma. Para conseguir esposas aos seus cidadáns, Rómulo convidou aos [[sabinos]] a un festival, onde [[Rapto das sabinas|raptou as mulleres sabinas]] e levounas a Roma. Logo da conseguinte guerra cos sabinos, Rómulo uniu os sabinos e os romanos baixo o goberno dunha ''diarquía'' xunto co líder sabino [[Tito Tacio]].
 
Rómulo dividiu a poboación de Roma entre homes fortes e aqueles non aptos para combater. Os combatentes constituíron as primeiras [[Lexión romana|lexións romanas]], mentres que o resto se converteron nos [[plebeo]]s de Roma, e de todos eles, Rómulo seleccionou a 100 dos homes de máis alta liñaxe como senadores. Estes homes foron chamados [[patricio]]s, e os seus descendentes serían considerados como a casta nobiliaria romana. Tras a unión entre romanos e sabinos, Rómulo agregou outros 100 homes ao Senado.
Liña 13:
*o resto (''luceres'').
 
Cada tribo elexíaelixía a dez ''[[curia|coviriae]]'' (curias, comunidade de homes), aportando ademais 100 [[cabalería|cabaleiros]] e 10 centurias de [[infantería|infantes]] cada unha, conformando así a primeira lexión de 300 xinetes e 3.000 infantes. Ocasionalmente podía convocarse unha segunda lexión en caso de urxencia.
 
Logo de 38 anos de reinado, Rómulo librara numerosas guerras, estendendo a influencia de Roma por todo o [[Lacio]] e outras áreas circundantes. Pronto sería recordado como o primeiro gran conquistador, así como un dos homes máis devotos da historia de Roma. Tras a súa morte aos 54 anos de idade, foi divinizado como o deus da guerra [[Quirino]], honrado non só como un dos tres deuses principais de Roma, senón tamén como a propia cidade de Roma divinizada.