Rómulo e Remo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Servando2 (conversa | contribucións)
arranxo
Liña 3:
Segundo a tradición romana, '''Rómulo''' foi, xunto con seu irmán '''Remo''' o fundador de [[Roma Antiga|Roma]]. A lenda di que eran fillos de [[Marte (deus)|Marte]] e de [[Rea Silvia]]. [[Numitor]], o pai de [[Rea Silvia]], era o rei de [[Alba Longa]]. Foi destronado polo seu irmán [[Amulio]], quen o expulsou da cidade, matou aos seus fillos homes e obrigou a [[Rea Silvia]] a dedicarse ao culto de [[Vesta (mitoloxía)|Vesta]]. Cando naceron os xemelgos foron abandonados pero unha loba atopounos e coidou deles ata que o pastor Fáustulo os recolleu. Os xemelgos querían fundar unha cidade e Rómulo trazou unha liña no chan para sinalar o recinto, no [[Palatino]].
 
No ano [[-753]], ambos comezaron a construirconstruír a cidade xunto ao Monte Palatino cando, segundo a [[lenda]], Rómulo matou a Remo por atravesar sacrilegamente o ''[[pomerium]]''. Tras a fundación da urbe, Rómulo invitou a criminais, escravos fuxidos e exiliados para lles dar asilo na nova cidade, chegando así a poboar cinco dos sete outeiros de Roma. Para conseguir esposas aos seus cidadáns, Rómulo convidou aos [[sabinos]] a un festival, onde [[Rapto das sabinas|raptou as mulleres sabinas]] e levounas a Roma. Logo da conseguinte guerra cos sabinos, Rómulo uniu os sabinos e os romanos baixo o goberno dunha ''diarquía'' xunto co líder sabino [[Tito Tacio]].
 
Rómulo dividiu a poboación de Roma entre homes fortes e aqueles non aptos para combater. Os combatentes constituíron as primeiras [[Lexión romana|lexións romanas]], mentres que o resto se converteron nos [[plebeo]]s de Roma, e de todos eles, Rómulo seleccionou a 100 dos homes de máis alta liñaxe como senadores. Estes homes foron chamados [[patricio]]s, e os seus descendentes serían considerados como a casta nobiliaria romana. Tras a unión entre romanos e sabinos, Rómulo agregou outros 100 homes ao Senado.