Emperador, emperatriz: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición |
hasta > ata |
||
Liña 22:
A chegada de [[Napoleón Bonaparte]] cambiaría as cousas. Durante o [[Século XVIII]] producírase un forte renacemento do clasicismo romano ([[Neoclasicismo]]), que vinculara á idea de que a [[Razón]] había superar o escurantismo que se identificaba coa [[Idade Media]]. No político (e tamén no artístico), Napoleón tratou xustamente de regresar ao modelo imperial romano, polo que se transformou en cabeza dun goberno directorial á maneira romana: o [[Consulado]]. Napoleón finalmente mandou chamar mediante presións e ameazas ao Papa [[Pío VII]] para coroarse Emperador na [[Catedral Notre Dame de París]], o ano [[1804]]. Non obstante, no momento decisivo e nun xesto de orgullo, Napoleón arrebatou ao Papa a coroa imperial, e cinguiuna el mesmo, como un xesto segundo o cal el mesmo se facía o home máis poderoso da Terra. Con todo, aínda seguía existindo o Emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico, á sazón [[Francisco II]], quen optou por renunciar ao seu título en [[1806]] e adoptar o de Emperador de [[Austria]] co nome de [[Francisco I de Austria|Francisco I]].
O xesto de Napoleón non só foi cualificado como unha usurpación por parte dun recentemente chegado sen títulos legais nin xurídicos para a súa acción, senón que ademais abriu a espita para outros que acto seguido se proclamaron Emperadores nos máis curiosos lugares da terra. Desta maneira, en [[Haití]] reinaron os Emperadores [[Xacobo I de Haití]] (1804-1806) e [[Faustino I]] (1847-1859). En [[México]], o xeneral [[Agustín de Iturbide]] proclamouse como Emperador [[Agustín I]] en [[1821]], malia que sería derrocado ao ano seguinte; en [[1864]] asumiría [[Maximiliano I de México|Maximiliano I]] en México, entronizado polos exércitos de [[Napoleón III]], e duraría en funcións ata ser fusilado en [[1867]]. Ao ano seguinte que Agustín Iturbide, en [[1822]], proclamouse o Imperio de Brasil, con [[Pedro I de Brasil]] como Emperador; este duraría
Na actualidade, o único gobernante do mundo que conserva o título de Emperador é o do [[Xapón]].
Liña 28:
==Véxase tamén==
===Outros artigos===
*[[Títulos reais]].
*[[Tsar]].
[[Categoría:Monarcas]]
|