Hattusilis I: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Servando2 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 7:
Os seus anais dan detalle das súas campañas militares:
 
Ano primeiro, en que puido facer a campaña mencionada de [[Zalpa]], xa que se menciona o nome (sen embargo parece referido a unha cidade do suroeste e non do norte). A primeira cidade atacada foi [[Sanawitta]] ou Sanahwitta, cidade na que [[Pusarrumas]] designara herdeiro a [[Labarnas I]]; asolou o seu territorio e estableceu unha gornición nas inmediacións, pero non entrou na cidade; acto seguido atacou Zalpa ou [[Zabar]], que destruíu, capturando algúns carros de combate, que ofreceu como trofeo á deusa solar de [[Arinna]]; tamén fixo ofrendas ao templo da deusa [[Mezulla]], unha das nove deitadesdeidades de Zalbar.
 
Ao seguinte ano pasou por [[Adaniya]] e polo paso principal entrou en Siria por [[Alalakh]], onde era rei Ammitaqu, que era vasalo de Ammurapi de Alepo, cidade que foi destruída; entón dirixiuse a [[Warsuwa]] ou [[Ursu]] (Waršuwa ou Uršou) gobernada por un rei (chamado tal vez "o servidor do deus das tormentas") supostamente vasalo de [[Kargamis]] (Kargamiš, [[Karkemish]]), que asediou. A cidade parece que tivo a axuda do rei de Alepo, do de [[Zaruar]], do de [[Zuppa]] e dos hurritas, pero finalmente foi ocupada, e despois desta Ikakali e ao final Tashiniya e Tishiniya (Teušhiniya ou Tišhiniya).