Gaceta de Galicia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
lig int
Xas (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 2:
'''''Gaceta de Galicia''''' foi un xornal que se editou en [[Santiago de Compostela]] entre [[1879]] e [[1918]].
 
==Historia e características==
Apareceu o [[1 de xaneiro]] de [[1879]], como continuación de ''[[El Diario de Santiago]]'', con [[Manuel Bibiano Fernández]] como propietario e primeiro director. Foi un periódico de orientación política liberal vinculado a [[Montero Ríos]], polo que foi cualificado de "monterista". En [[1887]] diríxeo [[Joaquín Arias Sanjurjo]] e ao ano seguinte [[Manuel Álvarez Uzal]]. Dende o [[30 de decembro]] de [[1892]] exerceu como director [[Antonio Fernández Tafall]]. Cesou a súa publicación en outubro de [[1915]] pero reapareceu de inmediato, o [[1 de febreiro]] de [[1916]], refundido con ''[[Voz del Pueblo (Santiago de Compostela)|Voz del Pueblo]]''. En novembro de 1917 pasa a dirixilo o avogado [[Francisco Vázquez Enríquez]], e comezan as colaboracións de [[Valentín Paz-Andrade]]. O [[30 de novembro]] de [[1918]] desaparece definitivamente.