Guerra civil estadounidense: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sobreira (conversa | contribucións)
Sobreira (conversa | contribucións)
Liña 36:
Na Guerra compuxéronse cancións coma [[When Johnny Comes Marching Home]].
== Antecedentes, contexto e comezos ==
[[Abraham Lincoln]] perdeu unha contenda no Senado na que esixía un alto na expansión da escravitude, pero en [[1860]] el e Douglas volveron enfrontarse: esta vez como os candidatos presidenciais [[Partido Republicano (Estados Unidos)|republicano]] e [[Partido Demócrata (Estados Unidos)|demócrata]]. Para entón a tensión entre o norte e o sur era extrema. En [[1859]], John Brown, un partidario do abolicionismo, tratara de iniciar unha rebelión de escravos en [[Virxinia]] atacando un depósito de municións do exército. Brown foi rapidamente capturado, xulgado e sentenciado á forca, tras o cal moitos habitantes do norte aclamárono como mártir. Con todo, os brancos do sur convencéronse de que o norte non estaba disposto a manter as liberdades estatais dentro da confederación de estados que constituían entón os Estados Unidos de América.
[[Ficheiro:Abraham Lincoln.jpg|miniatura|200px|dereita|O presidente [[Abraham Lincoln]]]]
Liña 55:
Para librar a guerra, o Sur financiouse coa exportación de algodón que embarcaba cara a Europa e o Norte, coa emisión dun novo papel moeda, tras rexeitar Lincoln un préstamo de cinco millóns ao doce por cento de interese ofrecido por [[Moses Taylor]]. Ambas as partes suspenderon algunhas liberdades civís, imprimiron montañas de papel moeda e recorreron ao recrutamento.
 
A prioridade de Lincoln foi manter a Estados Unidos como un só país. Tras as perdas iniciais das primeiras batallas, tivo que recoñecer que só podía cambiar o desenvolvemento da guerra, só podía cambialo facendo da guerradela unha batalla contra a escravitude e así podería obter apoio para a Unión tanto no interior como no exterior. Consecuentemente, o [[1 de xaneiro]] de [[1863]], segundo ano de guerra, deu a coñecer a Proclama de Emancipación, que outorgaba liberdade a tódolos escravos en áreas aínda controladas pola Confederación.
 
== Evolución ==
O exército sureño (Confederado) obtivo importantes vitorias na primeira etapa da guerra, pero no verán de [[1863]] o seu comandante, o xeneral [[Robert E. Lee]], dirixiuse cara a [[Pennsylvania]], no norte. En Gettysburg atopouse cun exército da Unión, e así deu comezo a batalla de maior magnitude xamais librada en chan norteamericano. Logo de tres días de loita desesperada, os Confederados foron derrotados. A mariña da Unión rapidamente impuxo un bloqueo que creou graves escasezas de material bélico e bens de consumo na confederación. Ao mesmo tempo, no [[río Mississippi]], o xeneral [[Ulysses S. Grant]], da Unión, tomou a importante cidade de Vicksburg. As forzas da Unión controlaban agora todo o val do Mississippi, dividindo en dous á Confederación e afogando a súa saída ao mar.
 
En [[1864]], un exército da Unión ao mando do xeneral [[William T. Sherman]] atravesou [[Xeorxia - Georgia|Xeorxia]] destruíndo o campoterritorio ó seu paso. Mentres tanto, o xeneral Grant batíase implacablemente coas forzas de Lee en Virxinia. O [[2 de abril]] de [[1865]], Lee viuse forzado a abandonar [[Richmond]], a capital da Confederación. UnhaSete semanadías despois rendeuse ante Grant nona pobovila de Appomattox Courthouse, Virxinia, e tódalas demais forzas confederadas rendéronse pouco despois. O [[14 de abril]] Lincoln foi asasinadotiroteado no teatro Ford polo actor John Wilkes Booth, e morreu a mañá seguinte. O [[12 de maio]] de [[1865]], a Unión atacaba o Rancho Palmito no condado de Cameron na fronteira de [[México]] onde permanecían aínda forzas confederadas.
 
== A primeira guerra contemporánea ==