Carmen Conde: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
Elisardojm (conversa | contribucións)
arranxiños
Liña 27:
Ó comezar a [[Guerra Civil Española|Guerra Civil]], Oliver únese ó exército republicano á fronte da Emisora Radio Fronte Popular n. 2. Carmen séguelle por varias cidades de Andalucía, pero regresa a Cartagena para coidar da súa nai. O estalido da Guerra fai que en xullo de 1936 renunciasen ó proxecto de acudir á invitación de Gabriela Mistral (entón Cónsul de Chile en Lisboa), antes de viaxar a Francia e Bélxica, para estudar as institucións de cultura popular naqueles países, para o que Carmen obtivera unha pensión. Tamén na Facultade de Letras de [[Universidade de Valencia|Valencia]] segue cursos e aproba oposicións a Bibliotecas, aínda que non chega a exercer. Ó rematar a Guerra, Oliver vive recluído en Murcia en casa da súa irmá; Carmen instálase en [[San Lorenzo de El Escorial|El Escorial]] en casa duns amigos, o Alcázar. Para comunicarse co seu marido válese do seu amigo [[José Ballester Nicolás]], director da ''La Verdad'' e funcionario de Correos.
 
A década de 1940 foi literariamente moi produtiva para ambos; ela utiliza como pseudónimos Magdalena Noguera, Florentina del Mar e outros. Imparten cursos para estranxeiros, pronuncian conferencias... En 1941, Carmen instálase na rúa Wellingtonia de Madrid, nun inmoble propiedade de [[Vicente Aleixandre]], que reside na planta baixa. Desde 1944 a 1951, colabora en [[Radio Nacional de España]]. Por fin, o matrimonio pode reunirse en 1945, residindo na Pensión Valls da madrileña rúa Goya, xunto coa nai de Carmen, ata que en 1949 pasan a vivir no que será o domicilio familiar, na [[rúa Ferraz]]. Ela encárgase da asesoría literaria da [[Editorial Alhambra]], colabora na Sección Bibliográfica do [[Consello Superior de Investigacións Científicas|CSIC]] e na Sección de Publicacións da [[Universidade Central de Madrid]]. Estes anos publica algunhas das súas obras poéticas máis importantes: ''Ansia de la Gracia'', ''Mujer sin Edén''...
 
No ano 1956, o matrimonio xestiona a cesión ó Ministerio de Educación Nacional do arquivo de [[Rubén Darío]], que estaba en poder da súa última compañeira, Francisca Sánchez.