BMW: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
JYBot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Modifico: fa:ب‌ام‌و
m →‎Entre guerras: Motor (máquina)
Liña 4:
== Historia ==
=== Entre guerras ===
Logo da [[Primeira Guerra Mundial]] prohibíuselle a [[Alemaña]] fabricar [[Motor (máquina)|motor]]es de [[aviación]], polo que BMW comezou a producir freos para [[Ferrocarril|ferrocarrís]]. En [[1923]] a compañía introduciuse no sector de vehículos, iniciando a fabricación de [[motocicleta]]s, que xa entón levaban o clásico motor de BMW de dous cilindros montados horizontalmente en ambos os lados e refrixerado por aire (motor tipo "Boxer"). Poucos anos despois BMW obtivo unha licenza para fabricar un automóbil pequeno, que foi denominado 3/15. En [[1933]] a empresa producía xa vehículos deseñados integramente polos seus propios técnicos, introducindo sucesivamente diversos modelos, tanto de catro asentos como deportivos. Antes do comezo da [[Segunda Guerra Mundial]] BMW fabricaba o 327, automóbil amplo e luxoso, e o 328, un deportivo convertible. Ambos os modelos equipaban un motor de dous litros e foron moi avanzados na súa época.
 
Durante a Segunda Guerra Mundial, BMW forneceu un número importante de vehículos ao exército, sobre todo motocicletas, e tamén motores de aviación ás forzas aéreas. Cara a finais da guerra, BMW perdeu as súas tres fábricas situadas na [[Alemaña oriental]] e as súas instalacións en Múnic quedaron destruídas polas bombas.
 
=== Posguerra ===