Ligre: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 11:
O '''ligre''' é un [[felino]] [[híbrido (bioloxía)|híbrido]] nado da unión dunha [[tigre]]sa e dun [[panthera leo|león]] (a unión dunha leoa e dun tigre macho dá un [[tigrón]]). O ligre, así como todos os híbridos entre diferentes especies felinas, é o resultado dun cruzamento totalmente artificial. Non se atopa endexamais un híbrido felino dentro da natureza, por mor do afastamento [[Xeografía|xeográfico]], dos períodos diferentes de [[reprodución]] e sobre todo do [[comportamento]] diferente de cada [[especie]]. Todos los ligres macho coñecidos son estériles, pero as femias poden ser fértiles nalgúns casos.
 
Unha característica salientable dos ligres é que medran desmesuradamente,e, de feito, considéranse os felinos máis grandes que existen.<ref name=Xixiaku>{{Cite web |url=http://www.bbc.co.uk/news/world-asia-pacific-13520472 |title=Liger cubs nursed by dog in China's Xixiakou Zoo |publisher=BBC News Asia-Pacific |date=24 May 2011 |accessdate=25 May 2011}}</ref> Isto explícase polo fenómeno xenético da [[impronta xenética]] na que xenes inhibidores do crecemento exprésanse ou non nos fillos segundo o sexo do proxenitor do que recibiu o xene, e neste caso o patrón de expresión non coincide nas dúas especies proxenitoras. As leoas teñen xenes que se expresan que inhiben o crecemento excesivo (que non se expresan no león macho); os tigres macho tamén expresan este tipo de xenes (e as tigresas non). Como os que se aparean son o león e a tigresa, ambos os dous non expresan xenes que tendan a inhibir o crecemento, e o ligre crece desmesuradamente.<ref>{{cite web | url= http://www.messybeast.com/genetics/growth-dysplasia.htm | title=Growth dysplasia in hybrid big cats | accessdate=23 June 2006}}</ref>