Plasminóxeno: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 51:
 
A activación do plasminóxeno está mediada principalmente polos encimas [[uroquinase]] e o [[activador tisular do plasminóxeno]], e por outros encimas como o ''activador dependente do factor XII'' e o [[activador endotelial do plasminóxeno]]. <ref name=factores>Torres Lagares, Daniel, Serrera Figallo, Mª Angeles, Romero Ruíz, Manuel María et al. Alveolitis seca: Actualización de conceptos. Med. oral patol. oral cir. bucal (Ed.impr.). [online]. 2005, vol. 10, no. 1, pp. 66-76. Dispoñible en: [http://scielo.isciii.es/scielo.php?script=sci_arttext&pid=S1698-44472005000100011&lng=pt&nrm=iso]. ISSN 1698-4447.</ref> A [[estreptoquinase]], un [[polipéptido]] extraído da [[bacteria]] ''[[Streptococcus pyogenes]]'', é un potente activador do plasminóxeno, polo que se usa en [[farmacoloxía]] como un axente [[trombolítico]] administrado por vía intravenosa nas terapias do [[infarto de miocardio]].<ref name=activacion>Cue Brugueras, Manuel. Agentes trombolíticos en el infarto agudo del miocardio. Rev Cubana Farm. [online]. Mayo-ago. 1995, vol.29, no.2, p.0-0. Dispoñible en: [http://scielo.sld.cu/scielo.php?script=sci_arttext&pid=S0034-75151995000200010&lng=es&nrm=iso]. ISSN 0034-7515.</ref> Outros activadores indirectos coñecidos do plasminóxeno que aínda non se comercializaron son a [[saliva]] do [[morcego]] e unha molécula chamada [[estafiloquinase]] producida polos [[estafilococo]]s. <ref name=activacion />
 
No plasminóxeno pechado, o acceso ao enlace de activación ([[arxinina|Arg561]]/[[valina|Val562]]), que é a diana para a clivaxe realizada polo activador do plasminóxeno tisular (tPA) e o activador do plasminóxeno uroquinase (uPA), está bloqueada pola posición da secuencia de unión KR3/KR4 e o azucre unido a oxíxeno en [[treonina|Thr346]]. A posición de KR3 tamén impide o acceso á asa de activación. As interaccións interdominio tamén bloquean todos os sitios de unión aos ligandos do kringle ademais dos de KR-1, o que suxire que o último dominio goberna o recrutamento de proencimas ás dianas. Análises dunha esturutra intermediaria do plasminóxeno suxiren que o cambio conformacional do plasminóxeno á forma aberta iníciase ao KR-5 retirar transitoriamente o dominio PAp. Estes movementos expoñen o sitio de unión á lisina de KR5 a potenciais ligandos, e suxire un requirimento de que residuos de lisina espacialmente separados causen o recrutamento do plasminóxeno e o cambio conformacional, respectivamente.<ref name="Law_2012"/>
 
== Patoloxías ==