Plasminóxeno: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 44:
 
== Activación ==
O plasminóxeno é unha [[molécula]] encimaticamente inactiva e circula polo corpo desa maneira ata que é activado por activadores que o rompen converténdoo en [[plasmina]], a cal actuará principalmente sobre a [[fibrina]]. A activación do plasminóxeno ocorre polo xeral sobre a superficie da fibrina, en sitios de unión específicos para a molécula, por medio da rotura dun [[enlace peptídico]] entre os aminoácidos [[arxinina|Arg560]] e [[valina|val561Val561]]. <ref name=lipoa />
 
A activación do plasminóxeno está mediada principalmente polos encimas [[uroquinase]] e o [[activador tisular do plasminóxeno]], e por outros encimas como o ''activador dependente do factor XII'' e o [[activador endotelial do plasminóxeno]]. <ref name=factores>Torres Lagares, Daniel, Serrera Figallo, Mª Angeles, Romero Ruíz, Manuel María et al. Alveolitis seca: Actualización de conceptos. Med. oral patol. oral cir. bucal (Ed.impr.). [online]. 2005, vol. 10, no. 1, pp. 66-76. Dispoñible en: [http://scielo.isciii.es/scielo.php?script=sci_arttext&pid=S1698-44472005000100011&lng=pt&nrm=iso]. ISSN 1698-4447.</ref> A [[estreptoquinase]], un [[polipéptido]] extraído da [[bacteria]] ''[[Streptococcus pyogenes]]'', é un potente activador do plasminóxeno, polo que se usa en [[farmacoloxía]] como un axente [[trombolítico]] administrado por vía intravenosa nas terapias do [[infarto de miocardio]].<ref name=activacion>Cue Brugueras, Manuel. Agentes trombolíticos en el infarto agudo del miocardio. Rev Cubana Farm. [online]. Mayo-ago. 1995, vol.29, no.2, p.0-0. Dispoñible en: [http://scielo.sld.cu/scielo.php?script=sci_arttext&pid=S0034-75151995000200010&lng=es&nrm=iso]. ISSN 0034-7515.</ref> Outros activadores indirectos coñecidos do plasminóxeno que aínda non se comercializaron son a [[saliva]] do [[morcego]] e unha molécula chamada [[estafiloquinase]] producida polos [[estafilococo]]s. <ref name=activacion />