Espartaco: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
MerlIwBot (conversa | contribucións)
Xqbot (conversa | contribucións)
Liña 3:
'''Espartaco''' foi un soldado e gladiador do [[século -I|sécuo I a.C.]].
 
== Traxectoria ==
Naceu nunha familia de pastores; seguiu a profesión dos pais, mais reducido á miseria enrolouse no exército romano, co que combate en [[Reino de Macedonia|Macedonia]] como soldado auxiliar. A dura disciplina a que era obrigado e os numerosos episodios de [[racismo]] que tivo que sufrir na milicia, convencérono para desertar.
 
Liña 15:
Dado que a proporción de escravos a respecto dos cidadáns romanos era elevada, a rebelión escravista constituíase nun serio perigo para Roma. O [[Senado romano|Senado]] decidiu enviar un exército de sobre 3.000 homes contra os rebeldes, ao mando do [[pretor]] [[Claudius Glaber]]. Sitiaron os rebeldes no Vesuvio, mais Espartaco conducindo os seus homes do lado contrario do monte, pillou polas costas o exército romano, que masacraría no ataque. Glaber perdeu a vida alí.
 
=== Marcha cara ao norte ===
As forzas de Espartaco derrotaron dúas novas lexións enviadas contra eles. Os escravos, que incluían anciáns, nenos e mulleres, retiráronse máis ao Sur para descansar durante o inverno. Na primavera puxeron marcha cara o Norte, con mentes de atinxir a [[Galia]].
 
Alarmado o Senado, enviou dous cónsules contra eles, [[Lucius Gellius Publicola|Gelio Publícola]] e [[Gneo Corneliuo Léntulo Clodiano]], cada un con dúas lexións. Os galos e xermanos, que se separaran, sob mando de Crixus, foron derrotados e mortos, polas lexións de Publicola. Mentres, Espartaco derrotou a Léntulo primeiro, e despois a Publícola, na Italia central, en [[Piceno]]. Seguindo cara o Norte, en Mutina (hoxe [[Módena]]) derrotaron outra lexión, conducida por [[Gaio Cassio Longino]], gobernador da [[Galia Cisalpina]] (o Norte de Italia).
 
=== Retorno ao sur ===
En aparencia, Espartaco intentaba conducir as súas xente fóra de Italia, cara á Galia transalpina, e talvez pensaría alcanzar Hispania para unirse á rebelión de [[Quinto Sertorio]]. Porén mudou este plano e retornou para o Sur, segundo as fontes antigas por presións dos seus seguidores. Isto é visto hoxe como un grave erro. Quizais as vitorias anteriores volvéronos confiados de máis. Polo demais, algúns pensan que unha boa parte do grupo, conseguiu cruzar os Alpes e regresar aos seus países.
 
Liña 71:
[[lt:Spartakas]]
[[lv:Spartaks]]
[[ml:സ്പാർട്ടക്കസ്]]
[[ml:സ്പാര്‍ട്ടക്കസ്]]
[[ms:Spartacus]]
[[mzn:اسپارتاکوس]]