Alma máter: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.7.2+) (Bot: Modifico: ar:مدرسة أم
m Roma Antiga
Liña 2:
'''''Alma mater''''' é unha locución [[latín|latina]] que significa literalmente "nai nutricia" (que alimenta) e que se emprega para referirse [[Metáfora|metaforicamente]] a unha [[universidade]], aludindo á súa función provedora de alimento intelectual, xeralmente para referirse ao sitio onde determinada persoa cursa ou cursou os seus estudos universitarios.
 
A locución era empregada na [[Roma Antiga|Antiga Roma]] para describir á deusa nai e, máis tarde, á [[Virxe María]], pero a orixe do seu uso actual é o [[lema]] ''Alma Mater Studiorum'' («nai nutricia dos estudos») da universidade máis antiga do [[mundo occidental]] en funcionamento ininterrompido: a [[Universidade de Bolonia]], fundada en [[1088]]. A locución pasou a moitas linguas modernas co significado de [[academia]] no sentido de comunidade científica.
 
En relación, ha de engadirse que a palabra [[matriculación]], por exemplo, derívase tamén de ''mater''. De aí suxírese que a institución universitaria alimenta de coñecementos e coida dos seus alumnos.