Antonio de Nebrija: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Castela - Castilla
m Lebrija, Sevilla
Liña 1:
[[Ficheiro:Juan de Zúñiga dibujo con orla.jpg|miniatura|dereita|250px|Nebrija na súa cátedra, por Juan de Zúñiga, ca. 1517]]
'''Elio Antonio Martínez de Cala e Hinojosa''', coñecido como '''Antonio de Nebrija'''<ref>O seu pseudónimo está basado no topónimo da súa cidade, como era costume de moitos humanistas da época. A forma latina era ''Aelius Antonius Nebrissensis'', pois Nebrissa era o nome romano de [[Lebrija, Sevilla|Lebrija]] ou [[Nebrija]], como tamén se dicía na época (ou para ser máis precisos ''Nebrixa'').</ref>, nado en [[Lebrija]] en [[1444]] e finado en [[Alcalá de Henares]] o [[5 de xullo]] de [[1522]], foi un [[Humanismo|humanista]] [[Castela - Castilla|castelán]] do [[século XV]].
 
==Traxectoria==
Elio Antonio naceu na poboación [[Provincia de Sevilla|sevillana]] de [[Lebrija, Sevilla|Lebrija]] no ano [[1444]]. Despois de realizar os seus estudos preparatorios ingresou na [[universidade de Salamanca]], a máis notoria da [[Coroa de Castela]], na que realizou estudos de Humanidades. En [[1463]] foise para [[Boloña]], [[Italia]], a fin de ampliar a súa formación. Regresou ao cabo duns sete anos, e foi profesor, primeiro en [[Sevilla]], e logo en [[Salamanca]]. Nesta altura xa publicara os seus primeiros traballos sobre a lingua latina, nun latín elegante, que o encheu de sona, non só en España, senón en toda Europa. Chamado polo [[cardeal Cisneros]], en [[1490]], Nebrija acudiu a [[Alcalá de Henares]], onde aquel o puxo a fronte da revisión das traducións grega e latina da monumental edición da [[Biblia Políglota]], labor que rematou en [[1502]].
 
===A Gramática Castelá de 1492===