Fernando Ruiz de Castro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m DEFAULTSORT -> ORDENAR
m →‎Os Castro: Castela - Castilla
Liña 3:
==Os Castro==
[[Ficheiro:Pedro_I_of_Castilla.jpg|dereita|miniatura|180px|'''Fernando Ruiz''' liderou a causa de [[Pedro I de Castela]] (na imaxe) na guerra civil castelá.]]
A liñaxe dos Castro xurdiu na vila burgalesa de [[Castrogeriz]] e pertence, xunto aos Lara ou aos Guzmán, ás cinco grandes familias emparentadas cos primeiros reis de [[Castela - Castilla|Castela]]. Unha rama da familia pasou a [[Galiza]] no [[século XII]] onde se emparentaron coas [[Casa de Lemos|casas de Lemos]] e [[Casa de Sarria|Sarria]]. Dominaron Galiza e estiveron presentes nos feitos máis suliñables da súa historia, así coma na de [[Castela e León]], destacando no auxilio prestado aos seus monarcas nas campañas de conquista dos territorios musulmáns. O declive dos [[Casa de Traba|Trava]] permitiu que aos poucos fosen ocupando o seu lugar preeminente.
 
Fernando Ruiz de Castro naceu do segundo matrimonio de [[Pedro Fernández de Castro]] ''O da Guerra'' e [[Isabel Ponce de León]]. O seu proxenitor destacou ao carón de [[Afonso XI de Castela]] na loita contra os musulmáns. Coma proba dos seus bos servizos, lealdade e reputación que ostentaba, o rei recompensouno coa tenencia de importantes títulos e diversas fortalezas coma a de [[Castro Caldelas]] ([[provincia de Ourense|Ourense]]) e a de [[Monforte de Lemos]] ([[provincia de Lugo|Lugo]]), esta doada no [[1332]].