Fibroína: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{entradución}}
A '''fibroína''' é unha [[proteína]] producida polo verme da [[seda]] (larva do [[lepidóptero]] ''[[Bombyx mori]]'') e as [[araña]]s, que é o compoñente principal do fío de seda.
 
o fío de seda componse de dúas [[proteína]]s principais: a fibroína e a [[sericina]]. A fibroína forma o centro estrutural da seda; e a sericina;, o material pegañento que a rodea, pero que se perde ao cocer os casulos do verme para extraer o fío de seda.
 
[[Ficheiro:Silk fibroin primary structure.svg|miniatura|dereita|400px|Secuencia que se repite na estrutura primaria da fibroína.]]
A proteína fibroína está constituída por capas superpostas de [[folla beta|láminas beta]] antiparalelas, que están separadas alternadamente 0,35 [[nanómetro|nm]] nunha capa e 0,57 nm na seguinte. A súa estrutura primaria componse principalmente da secuencia de aminoácidos repetida ([[glicina|Gly]]-[[serina|Ser]]-[[glicina|Gly]]-[[alanina|Ala]]-[[glicina|Gly]]-[[alanina|Ala]]). A alta proporción de [[glicina]] (Gly) e [[alanina]] (Ala), que son aminoácids con cadeas lagterais pequenas, fan posible a embalaxe hermética das láminas, o que contribúe á dar a estrutura ríxida da seda, que non se pode estirar (resistencia á tracción). <ref>Jan Koolman. Bioquímica: Texto y atlas Escrito. [http://books.google.es/books?id=f61Mvd-vl60C&pg=PA70&lpg=PA70&dq=fibroina&source=bl&ots=oV4ZhB0J1Q&sig=KLGzNbIz7sStywo5_nTlIqDcTbE&hl=es&sa=X&ei=TQ8XUJmhJOmo0AW0oIDgBw&ved=0CEwQ6AEwADgK#v=onepage&q=fibroina&f=false Google books]</ref> A combinación de rixidez e resistencia fan que o material sexa aplicable en varias áreas, como a biomedicina e a fabricación téxtil.
 
A fibroína disponse formando tres posibles estruturas, chamadas seda I, II e III.