Diferenzas entre revisións de «Elastina»

 
== Síntese ==
AAs súafibras elásticas están compostas de elastina e [[fibrilina]]. <ref name="pmid12082143">{{cite journal | author = Kielty CM, Sherratt MJ, Shuttleworth CA | title = Elastic fibres | journal = J. Cell. Sci. | volume = 115 | issue = Pt 14 | pages = 2817–28 | year = 2002 | month = July | pmid = 12082143 | doi = | url = | issn = }}</ref> A [[biosíntese]] da elastina segue a mesma ruta celular ca o [[coláxeno]]; vai desde o [[retículo endoplasmático]], diríxese ao [[aparato de Golgi]] e desde alí sae en [[vesícula]]s secretoras. Non sofre tantas [[modificación postraducional|modificacións postraducionais]] coma o coláxeno, porén, na [[matriz extracelular]] dáse un cambio importante. AlíA elastina fórmase unindo moitas moléculas solubles de [[tropoelastina]]. Na matriz é captada polas [[microfibrilas]] (constituídas por [[fibrilina]] 1 e fibrilina 2 basicamente) que se encontran asociadas á [[lisil- oxidase]] (ou lisil hidroxilase). Este [[encima]] encárgase de hidroxilar a [[lisina]] a [[alisina]] (utilizando [[vitamina C]] como cosubstrato) permitindo así o enlace entre os dominios alfa da proteína (un proceso similar ao [[entrecruzamento do coláxeno]]). Isto orixina unha matriz proteica masiva e insoluble, con enlaces cruzados duradeiros entre as lisinas. As redes de fibras de elastina están inicialmente nun estado "caótico". A tendencia a aumentar a [[entropía]] fará que, ao aplicarse forza sobre elas, se produza un ordenamento de ditas fibras que atinguen un bo grao de compactación.
 
Aproximadamente o 90% dos seus aminoácidos son de cadea lateral apolar e existen certas secuencias que se encontran repetidas como VPG, VPGG, GVGVP, IPGVG, VAPGVG. A máis común é a secuencia GVGVP, que aparece en fragmentos que conteñen ata 11 pentapéptidos consecutivos (VPGVG)<sub>11</sub>. <ref>[http://www.dimdima.com/science/science_common/show_science.asp?q_aid=172&q_title=Elastin enlace][http://dx.doi.org/10.1016/S0065-3233(05)70013-9 ''Advances in protein chemistry'','''2005''', 70;437]</ref>
 
Baseados nas secuencias que se encontran repetidas na elastina natural fórmanse os [[polímero]]s tipo-elastina (ELP), dos cales o de maior sona é o poli-(VPGVG).<ref>[http://dx.doi.org/10.1016/j.progpolymsci.2005.07.004''Prog. Polym. Sci.'' '''2005''', 30 (11), 1119-1145 ]</ref>
 
A elastina supón entre o 58 e o 75% do peso das arterias caninas secas e desgraxadas.<ref name="pmid5914851">{{cite journal | author = Grace M. Fischer M.D. Josep G. Llaurado M.D. | title = Collagen and Elastin Content in Canine Arteries Selected from Functionally Different Vascular Beds | journal = Circulation Research | volume = 19 | pages = 394–399 | year = 1966 | month = October | pmid = 5914851 | doi = | url = | issn = | issue=2}}</ref>
 
 
A [[desmosina]] e a [[isodesmosina]] son moléculas que se ligan á tropoelastina.
 
== Notas ==
190.252

edicións