Cifra: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
MerlIwBot (conversa | contribucións)
m Bot: Engado: lez:Рекъемар
m Base (matemática)
Liña 1:
Unha '''cifra''' ou '''díxito''' é un signo ou carácter que serve para representar un [[número]]. En [[matemáticas]] e [[ciencia]] da [[informática|computación]], un '''díxito numérico''' é un símbolo, p. ex. 3, usado en [[numeral|numerais]] (combinacións de símbolos), p. ex. '''37''', para representar números ([[enteiro]]s ou [[Número real|reais]]) en [[sistema de numeración|sistemas de numeración]] [[notación posicional|posicionais]].
 
A palabra [[cifra]] vén do [[lingua árabe|árabe]] ''ṣifr'', 'cero' (que despois se ampliou para os outros díxitos), e [[díxito]] provén do [[latín]] ''digitus'', 'dedo', porque os 10 [[dedo]]s corresponden aos 10 díxitos no sistema numérico común en [[Base (matemática)|base]] [[10]], isto é, un díxito decimal).
 
Un '''díxito''' é cada unha das cifras que compoñen un [[número]] nun sistema determinado; no [[sistema decimal]] son: 0 ([[cero]]), 1 ([[un]]), 2 ([[dous]]), 3 ([[tres]]), 4 ([[catro]]), 5 ([[cinco]]), 6 ([[seis]]), 7 ([[sete]]), 8 ([[oito]]) e 9 ([[nove]]). Así, '''157''' componse dos díxitos '''1''', '''5''' e '''7'''.