Avelino Cachafeiro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 5:
De familia de gaiteiros da [[Comarca de Tabeirós - Terra de Montes|Terra de Montes]], aprendeu do seu avó Xan e tocaba polas carballeiras encanto coidaba do gando. O seu pai, Fermín, regaloulle as súas propias gaitas, deixándoas para dedicarse só ao [[bombo]]. Formou o grupo de gaiteiros [[Os Gaiteiros de Soutelo]] cos seus irmáns Castor (gaita) e Bautista (voz e [[caixa (música)|caixa]]), o seu pai Fermín (bombo) e a súa tía Andrea, que algunhas veces se axuntaba a eles para tocar o [[pandeiro]]. No grupo Avelino era o símbolo, o director, o compositor; nunha palabra, a alma do grupo.
 
En 1922 entrou no coro da Sociedade Artística de Pontevedra. Con só 25 anos foi proclamado o mellor gaiteiro de Galicia no concurso celebrado en Santiago en [[1924]] (a parte literaria gañouna [[Eladio Rodríguez González]]). En [[1928]] gravaron para a compañiacompañía [[Regal]] a "Muiñeira de Chantada", a "Alborada de Rosalía", a "Muiñeira de Pontesampaio", "Fandango de Pontevedra", "Marcha do Corpus", "Viva Barriño de Arén", "Heicho de dar queridiña", "Foliada de Luxán", "Foliada Rianxeira", "Estróupele-Estróupele", "Farruquiña chaman á porta", a "Muiñeira de Ourense" e o pasacorredoira "A volta da festa".
 
===Xiras e retirada===
Xunto cos seus irmáns Castor e Bautista, [[Os Gaiteiros de Soutelo]], percorreu toda Galicia, así como [[Bos Aires]], [[Montevideo]], [[Brasil]] ou [[Barcelona]]. En [[1928]] morreu Fermín e en [[1933]] Bautista. A [[Guerra Civil española]] esfarelou o grupo, sorprendéndoos tocando en Barcelona, territorio republicano, mentres Galiza quedaba no nacional. A [[Cultural Obreira]] levounos a Madrid para dar ánimos ás tropas que alí loitaban, e cando se dirixían a [[Berlín]] para tocar nos [[Xogos Olímpicos]], decidiron voltarvolver á casa por Lisboa. Así rematou o grupo.
 
Nunca máis tocou en público, o que fixo medrar aínda máis a súa lenda. Dedicouse á poesía, a pintura e á súa faceta empresarial (unha sala de festas e unha gasolineira).