Presión atmosférica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Historia: Carta (mensaxe)
m →‎Características: Fronte (meteoroloxía)
Liña 8:
Cando o aire está frío, este descende, facendo aumentar a presión e provocando [[estabilidade]]. Fórmase, entón, un [[anticiclón]] térmico. Cando o aire está quente, ascende, facendo baixar a presión e provocando inestabilidade. Fórmase entón un ciclón ou borrasca térmica.
 
Ademais, o aire frío e o cálido tenden a non mesturarse, debido á diferenza de [[densidade]], e cando se atopan na [[superficie]], o aire frío empuxa cara arriba ao aire quente provocando un descenso da presión e inestabilidade, por causas dinámicas. Fórmase entón un ciclón, ou borrasca dinámica. Esta zona de contacto é a que se coñece como [[Fronte (meteoroloxía)|fronte]]. Cando o aire frío e o cálido atópanse en [[altura]], descenden en converxencia dinámica, facendo aumentar a presión e provocando estabilidade, e o conseguinte aumento da [[temperatura]]. Fórmase, entón un anticiclón dinámico.
 
Denomínase atmosfera á capa de aire, constituída por unha [[mestura]] homoxénea de [[gas]]es que rodea un planeta, variando drasticamente dun a outro. O seu [[peso]], orixina sobre todos os [[Corpo|corpos]] mergullados nela, unha presión denominada atmosférica, que podemos evidenciar mediante a experimentación. Poderiamos comparalo coma se vivisemos no fondo dun [[océano]] de aire. A atmosfera, como a [[auga]] dun [[lago]], exerce presión; e tal como o peso do auga é a causa da presión na auga, o peso do aire é a causa da presión atmosférica. Estamos tan afeitos ao aire invisible que ás veces esquecemos que ten peso. Quizais os [[peixe]]s tamén "esquecen" que a auga ten peso.