Diferenzas entre revisións de «Igrexa ortodoxa siríaca»

m
→‎Cisma: Teodora (esposa de Xustiniano)
m (Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|))
m (→‎Cisma: Teodora (esposa de Xustiniano))
A Igrexa de Antioquía non aceptou o [[Concilio de Calcedonia]] (451); considerouno unha traizón aos concilios de [[Nicea]] e [[Éfeso]] e aliñouse coa Igrexa de Alexandría ([[Igrexa Ortodoxa Copta]]) na defensa da única natureza do Verbo Encarnado. A fe de calcedonia que falaba de dúas naturezas en Cristo, foi considerada dualista. Antioquía, Alexandría e Armenia consideraron que se puña en cuestión a unidade da persoa de [[Xesús]], verdadeiro Deus e verdadeiro home. Denunciaron que se estaba perante unha recaída no [[nestorianismo]], a vella herexía nada en [[Bizancio]].
 
O [[Emperador]] apoiou o credo de Calcedonia, o que provocou o exilio dos bispos, incluído o [[Patriarca Mor Severius]] e a persecución dos fieis. Mor Siverius está considerado o ''Togho d-suryoye'', é dicir, ''Coroa dos Siríacos''. Será [[Xacobe Baradeus]] quen marque o renacer da Igrexa. Viaxou a Constantinopla onde se gañou o favor da Emperatriz [[Teodora (esposa de Xustiniano)|Teodora]], filla dun sacerdote siríaco. Xacobe ordenou 2 bispos e centos de sacerdotes e diáconos. Desde que isto aconteceu, a Igrexa Siríaca celebra o 30 de xullo como o día de San Xacobe, conmemorando a súa morte en 578. De aí deriva o nome, non aceptado polos siríacos, de '''Igrexa Xacobita'''.
 
Os xerarcas eclesiásticos siríacos non recoñeceron a autoridade do patriarcado de Constantinopla e favoreceron o dominio dos exércitos árabes que foron recibidos como auténticos liberadores do xugo do [[Imperio Bizantino]]. É do elevado traballo dos monxes siríacos de onde os sabios musulmáns recibirían a cultura grega, que máis adiante divulgarían na súa expansión cara occidente.
104.751

edicións