Agapito I, papa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m mudando left, right, center -> esquerda, dereita, centro
m Teodora (esposa de Xustiniano)
Liña 6:
'''Agapito I''', nado en [[Roma]] e falecido en [[Constantinopla]] o [[22 de abril]] de [[536]], foi o [[papa]] nº 57 da [[Igrexa Católica Romana|igrexa católica]], entre [[535]] e [[536]].
 
==Traxectoria==
Fillo dun sacerdote chamado Gordianus, que foi asasinado durante as revoltas que sufriu Roma en tempos do papa [[Símaco, papa|Símaco]], desempeñou os distintos graos do exercicio sacerdotal nos templos de San Xoán e San Paulo, colaborando con [[Casiodoro]] na fundación en [[Roma]] dunha [[biblioteca]] eclesiástica de autores gregos e latinos e nun proxecto en [[Vivarium]] para traducir os filósofos gregos ao [[latín]].
 
Liña 12 ⟶ 13:
Confirmou, enfrontándose así ao emperador [[Xustiniano]], os decretos do [[concilio de Cartago]], que negaban aos [[arianismo|arianos]] que volvían á ortodoxia cristiá a conservación dos seus cargos e beneficios.
 
Na súa loita contra a [[herexía]] enfrontouse tamén coa emperatriz [[Teodora (esposa de Xustiniano)|Teodora]], de ideas [[monofisismo|monofisitas]], excomungando ao [[patriarca de Constantinopla]] [[Ántimo I, patriarca de Constantinopla|Ántimo I]], nomeado por ela por ser seguidor da súa mesma doutrina, depoñéndoo e ordenando patriarca a [[Menas]]. Do mesmo xeito, condenou aos monxes acemetas de Constantinoplas moi próximos ao [[nestorianismo]].
 
o mesmo ano da súa elección, o rei [[ostrogodo]] [[Teodato]], que se fixera co trono trala morte de [[Atalarico]] e a súa nai, a rexente [[Amalasunta]], solicitou ao papa que viaxase a [[Constantinopla]] para disuadir a [[Xustiniano I]] das súas ambicións territoriais en [[Italia]], moi acrecentadas trala conquista de [[Sicilia]] polo seu xeneral [[Belisario]].