Constancio II: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.7.2+) (Bot: Modifico: el:Κωνστάντιος Β´
m Flavia Maximiana Teodora
Liña 2:
'''Constancio II''' ([[317]] - [[3 de novembro]] de [[361]]) foi [[emperadores romanos|emperador]] romano desde [[337]] ata a súa morte.
 
Era o segundo fillo do anterior emperador, [[Constantino I o Grande|Constantino I]] o Grande e da súa segunda muller, [[Fausta]]. Naceu en [[Illyricum]] (actualmente en [[Hungría]]) e foi nomeado [[César (título)|César]]. Cando o seu pai morreu, en [[337]], eliminou a todos os descendentes de [[Constancio I]] Cloro e de [[Flavia Maximiana Teodora|Teodora]], quedando como únicos familiares homes os seus irmáns, [[Constantino II]] e [[Constante, Emperador|Constante]]. Entre os tres dividíronse o Imperio, recibindo Constantino II Britania, Galia e Hispania; Constante reinou sobre Italia, África e as provincias ilíricas, quedando para Constancio Constantinopla e todo Oriente.
 
Este reparto modificouse en [[340]], cando Constantino II morreu tratando de derrocar a Constante en Italia, e este quedou como único soberano da parte occidental do Imperio. Outro cambio na división produciuse en [[350]], ano en que Constante foi morto en batalla fronte ás tropas do usurpador [[Magnencio]]. Ata entón Constancio só se preocupou de loitar contra o [[Imperio Persa]], pero o desenvolvemento dos acontecementos fíxolle elevar ao seu primo [[Galo]] a César e colaborador seu, para poder prestarlle máis atención á insurrección.