Xustino I: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
RedBot (conversa | contribucións)
m r2.7.3) (Bot: Modifico: el:Ιουστίνος Α΄
m Teodora (esposa de Xustiniano)
Liña 6:
Xustino, que era un militar sen os coñecementos nin a visión precisos para gobernar o estado bizantino, rodeouse de conselleiros de confianza. O máis destacado deles foi sen dúbida o seu sobriño, Flavius Petrus Sabbatius, ao que adoptou como fillo e ao que deu o nome, polo que pasou á historia, de [[Xustiniano I|Xustiniano]]. Aínda que se di con frecuencia que Xustiniano rexeu os destinos do Imperio xa en vida do seu tío, como afirma o historiador [[Procopio]], é probábel que non fose así, xa que só foi investido como sucesor meses antes da morte de Xustino.
 
En [[525]], Xustino derrogou unha lei que prohibía aos membros da clase senatorial contraer matrimonio cunha muller de clase inferior, o cal foi considerado escandaloso na época. Grazas a este edicto, Xustiniano puido casarse con [[Teodora (esposa de Xustiniano)|Teodora]], unha antiga actriz e artista de circo; por outra banda, a derrogación desta norma contribuíu a diluír as antigas diferenzas de clase da sociedade romana.
 
Os últimos anos do seu reinado estiveron marcados polas disputas cos [[ostrogodo]]s, conseguindo aquietar a [[Teodorico]] ao renunciar Xustino a nomear cónsules, e os [[Imperio Sasánida|persas]] pola rexión de [[Lazica]], a antiga [[Cólquida]] e que vai provocar unha guerra que non vai ter un vencedor claro. En 526 a súa saúde comezou a declinar, e nomeou formalmente sucesor a Xustiniano o 1 de abril de [[527]]. Morreu o 1 de agosto dese mesmo ano.