Xustiniano I: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Biografía: Teodora (esposa de Xustiniano)
Liña 63:
=== Campañas contra o Reino Ostrogodo (540 - 554) ===
 
Á morte de [[Teodorico o Grande|Teodorico]] o control da política ostrogoda caeu en mans da súa filla [[Amalasunta]], a cal exerceu o poder en nome do rei neno [[Atalarico]], ata que este faleceu en [[534]]. A rexencia caracterizouse por unha viraxe política cara a Oriente, xerando unha forte oposición interna. A pronta desaparición do seu fillo forzou á rexente á procura dun monarca formal tralo que seguir movendo os fíos do goberno. O elixido foi [[Teodato]], co que contraeu matrimonio a fins de [[534]], este pronto se afastou do palacio de Ravenna e ordenou a eliminación da súa muller en abril de 535 posibelmente a instigación de [[Teodora (esposa de Xustiniano)|Teodora]] que buscaba un ''[[casus belli]]'' para a intervención de Xustiniano.
 
Ese mesmo ano Xustiniano daría dous golpes de man que lle permitiron tomar [[Sicilia]] ao mando de Belisario e [[Dalmacia]] por [[Ilírico Mundo]]. Teodato recorreu a unha embaixada papal, pero se enviou unha embaixada Imperial paralela ao propio monarca ostrogodo para estabelecer un acordo secreto de cesión de Italia ao imperio. Os diversos contratempos que atravesaba o Imperio nese momento, como a revolta de África e a recuperación de territorios por xermanos en Dalmacia induciron a Teodato a romper o compromiso e a facer fronte aos exércitos de Xustiniano.