Abrir o menú principal

Cambios

m
→‎Traxectoria: arranxiños
Despois da [[revolución de 1848]] Gautier escribiu case cen artigos en nove meses. O seu momento de prominencia coincidiu co tempo no que os antigos líderes do romanticismo Hugo, [[François-René de Chateaubriand]], [[Alphonse de Lamartine]], [[Alfred de Vigny]] e [[Alfred de Musset]] non estaban xa participando activamente no mundo. O seu prestixio foi confirmado polo seu posto de director da "Revue de Paris" entre 1851 e 1856. Durante estes anos deixou ''La Presse'' e comezou a traballar para ''Le Moniteur universel'' canso do traballo do xornalismo regular que atopaba humillante. Malia esa opinión comprou a editora da revista ''L’Artiste'' en [[1856]]. Foi nesa revista onde publicou as súas teorías da [[arte pola arte]].
 
Na década de [[1860]] aínda que viu a súa candidatura á Academia francesa rexeitada tres veces, asentouse literariamente. [[Charles-Augustin Sainte-Beuve]], o crítico literario de máis sona da época dedicou tres artigos a examinar eloxiosamente toda a obra de Gauitier publicada ata [[1863]]. En [[1865]] Gautier foi admitido no salón literario da princesa Mathilde Bonaparte, curmá de [[NapoleonNapoleón II]] e sobriña de [[Napoleón Bonaparte]]. A princesa ofreceulle a Gautier a sinecura de ser o seu bibliotecario en [[1868]], posto que lle deu acceso á corte de [[NapoleonNapoleón III]].
 
Durante a [[guerra franco-prusiana]] Gautier volveu a París o saber que os prusianos avanzaban cara á capital francesa. Ficou coa familia durante a invasión e o tempo da [[Comuna de París|Comuna]]. Morreu o 23 de outubro de [[1872]] dunha enfermidade cardíaca crónica. Foi enterrado no cemiterio de [[Montmartre]] en París.
100.739

edicións