Théophile Gautier: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elvire (conversa | contribucións)
m →‎Traxectoria: Alexandre Dumas (pai)
Liña 7:
Gautier comezou a súa educación como interno no prestixioso ''Collège Louis-le-Grand'' en París (entre os seus alumnos estiveran [[Charles Baudelaire]] e [[Voltaire]]). A estancia durou tres meses e tivo que ser levado á casa a causa dunha doenza e da súa falta de adaptación. Acabou a instrución no ''Collège Charlemagne'', pero o seu principal educador foi seu pai que o empurrou cara o estudo do [[latín]]. Na escola coñeceu a [[Gérard de Nerval]] que se converteu nun amigo para toda a vida e que lle presentou a [[Victor Hugo]], xa establecido como poeta e dramaturgo e que tería unha importancia definitiva en apartar a Gautier da carreira de pintor coa que daquela soñaba e inclina-lo cara á literatura. Gautier estivo presente na tumultuosa estrea da obra de Hugo "''Hernani''", onde se fixo notar polo seu chaleco vermello.
 
Pouco despois da [[revolución de 1830]] a familia Gautier pasou por dificultades económicas e tiveron que trasladarse ás aforas de [[París]]. Téophile decidiu ficar cos seus amigos no distrito de Doyenné, onde levou unha vida bohemia. A finais de [[1830]], Gautier comezou a frecuentar as reunións en ''Le Petit Cénacle'', un grupo de artistas que se reunía no estudo de [[Jehan Du Seigneur]], unha versión irreverente do "Cénacle" de Victor Hugo, e no que se xuntaban Gérard de Nerval, [[Alexandre Dumas (pai)|Alexandre Dumas]] pai, [[Petrus Borel]], [[Alphonse Brot]], [[Joseph Bouchardy]] e [[Philothée O’Neddy]]. ''Le Petit Cénacle'' gañou axiña sona de extravagante e excéntrico, pero tamén de punto de encontro único.
 
Gautier comezou a escribir poemas en [[1826]] pero o máis do seu tempo dedicouno a escribir para varios xornais, especialmente para "La Presse", o que lle deu a oportunidade de viaxar polo estranxeiro e ter contactos con xente influente na alta sociedade e no mundo artístico. Gautier viaxou por [[España]], [[Italia]], [[Rusia]], [[Exipto]] e [[Alxeria]] e as viaxes inspiraron moitos dos seus libros: ''Voyage en Espagne'' (Viaxe en España) de [[1843]], ''Trésors d’Art de la Russie'' (Tesouros do arte de Rusia) de [[1858]], e ''Voyage en Russie'' (Viaxe en Rusia) de [[1867]]. A súa literatura de viaxe é considerada por moitos coma unha das mellores do século XIX, está escrita nun estilo moi persoal e dá unha idea dos gustos artísticos e culturais do autor.