Eugène Delacroix: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-|right| +|dereita| & -|left| +|esquerda|)
m Alexandre Dumas (pai)
Liña 4:
'''Ferdinand Victor Eugène Delacroix''', nado o [[26 de abril]] [[1798]] e morto o [[13 de agosto]] de [[1863]], foi un pintor [[Francia|francés]], o máis importante dos pintores románticos.
 
==Traxectoria==
Aos 18 anos ingresou na escola superior de belas artes, no estudo de P. Guérin, onde [[Théodore Géricault]] e Gros foron os seus mestres. Visita frecuentemente o [[Louvre]], estudando e copiando aos grandes pintores que admira: [[Peter Paul Rubens|Rubens]], [[Velázquez]], [[Rembrandt]], [[Paolo Veronese]], e debátese entre a tradición e o clasicismo e o desexo de achar, tralas aparencias, a realidade. O pintor paisaxista Bonington ensinoulle a pintar a natureza. [[Raymond Soulier]] iniciouno na [[acuarela]].
 
O artista frecuenta os salóns literarios onde coñece a [[Stendhal]], [[Prosper Mérimée|Mérimée]], [[Victor Hugo]], [[Alexandre Dumas (pai)|Alexandre Dumas]], [[Charles Baudelaire|Baudelaire]]. Melómano apaixonado, relaciónase con [[Paganini]], e [[Frédéric Chopin]], e outros, dos que fai os seus retratos. Delacroix prefire a amizade de músicos, escritores e poetas á dos pintores da súa época.
 
En [[1822]], Delacroix expón, por primeira vez, ''Dante e Virxilio nos infernos'', unha obra chea de forza, dunha composición ambiciosa e cores moi traballadas: a luz deslízase sobre as musculaturas inchadas, un incendio consome unha cidade (en segundo plano), as capas ondean ao vento. A fantasía, o macabro e o erotismo mistúranse. Dous anos máis tarde pinta ''As matanzas de Quíos'', unha obra enérxica e cun colorido moito máis vivo. Ambos cadros concretizan a súa ambivalencia interior que se debate entre o [[romanticismo]] e o [[clasicismo]], entre deseño e cor, polémica interna que o acompañará durante toda a súa vida.