Esfingolípido: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 49:
Debido á incrible complexidade dos sistemas metabólicos dos mamíferos, en moitos estudos utilízanse os [[lévedo]]s como organismos modelo. Estes organismos unicelulares son normalmente máis manexables xeneticamente ca as células de mamíferos, e hai librarías de estirpes celulares dispoñibles para usar nos laboratorios, que teñen case calquera [[deleción]] non letal concreta dos [[marco aberto de lectura|marcos abertos de lectura]]. As dúas especies de lévedos máis usadas son ''[[Saccharomyces cerevisiae]]'' e ''[[Schizosaccharomyces pombe]]'', pero tamén se investiga moito no lévedo infeccioso ''[[Candida albicans]]''.
 
Ademais das importantes funcións estruturais dos esfingolípidos complexos (inositol fosforilceramidas e os seus derivados con [[manosa]]), as bases esfingoides [[fitoesfingosina]] e dihidroesfingosina (esfinganina) xogan un papel vital na sinalización celular en ''S. cerevisiae''. Estes efectos inclúen a regulación da [[endocitose]], a [[proteólise]] dependente da [[ubiquitina]] (e, deste modo, a regulación do consumo de nutrientes <ref>Chung N. (2001) "Phytosphingosine as a specific inhibitor of growth and nutrient import in Saccharomyces cerevisiae." ''J Biol Chem''. Sep 21; 276(38):35614-21.</ref>), a dinámica do [[citoesqueleto]], o [[ciclo celular]], a [[tradución (proteínas)|tradución]], [[modificación post-transcricionalpostraducional]] de proteínas, e a resposta ao estrés por calor.<ref>Cowart and Obeid. (2007) "Yeast sphingolipids: recent developments in understanding biosynthesis, regulation, and function." ''Biochim Biophys Acta.'' Mar;1771(3):421-31.</ref> Ademais, foi descrita recentemente a modulación do metabolismo de esfingolípidos por sinalización polo [[fosfatidilinositol (4,5)-bifosfato]] vía Slm1p e Slm2p e [[calcineurina]].<ref>Dickson, RC. (2008) ''J Lipid Res''. May;49(5):909-21.</ref> Por último, existen interaccións a nivel de substrato entre a síntese dos esfingolípidos complexos e o metabolismo da [[fosfatidilinositol 4-fosfato]] pola fosfatidilinositol quinase Stt4p e a fosfatase lipídica Sac1p.<ref>Brice and Cowart. (2009) ''J Biol Chem''. Jan 12. Epub ahead of print</ref>
 
==Esfingolípidos vexetais==