Movemento Galego ao Socialismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
RedBot (conversa | contribucións)
m r2.7.2) (Bot: Modifico: eu:Movemento Galego ao Socialismo
m →‎A oposición á deriva do BNG: Santiago de Compostela
Liña 28:
 
===A oposición á deriva do BNG===
O primeiro período pode definirse como de oposición ao que se consideraba un afastamento do BNG no que tocaba a algúns dos seus piares básicos, especialmente o [[soberanismo]] e a [[esquerda]]. A praxe política do BNG no goberno bipartido co [[PSOE]] na [[Xunta de Galiza]] (2005-2009) provoca que militantes da [[UPG]] (partido integrante do BNG) abandonen ese partido para crear unha nova organización no interior do Bloque, baixo no nome de [[Movemento pola Base]] (MpB). A eles únense militantes independentes do BNG (non adscritos a ningún grupo interno) e militantes da CIG nas comarcas de [[Ferrol]], [[Santiago de Compostela|Compostela]] e [[Vigo]], entre os que destacan [[Antolín Alcántara]], [[Fermín Paz]], [[Manuel Mera]] e [[Ramiro Oubiña]], que facían parte da Executiva da CIG.
 
O MpB presentou entón candidatura propia ao Consello Nacional que sería escollido na XII Asemblea Nacional do BNG. A lista estaba encabezada por [[Fermín Paz]] e [[Paula Castro]] e conseguiu 245 votos (9,32%) e 5 representantes. O MpB criticou o que consideraba unha deriva cara á homoxeneización do BNG. O día [[28 de outubro]] de [[2007]], o MpB constitúese formalmente como organización política, definíndose como independentista, socialista e de clase.
 
===División interna===