Perístilo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Columna (arquitectura)
Liña 1:
[[Ficheiro:Ricostruzione del giardino della casa dei vetii di pompei (mostra al giardino di boboli, 2007) 01.JPG|dereita|miniatura|250px|Reconstrución do '''perístilo''' (''peristylum'') da Casa dos Vetis de [[Pompeia]] co ''peristylium'' porticado]]
O '''perístilo''' ([[lingua latina|latín]] ''peristylum'') é o nome polo que se coñece na [[Arquitectura da Grecia antiga|arquitectura clásica]] a unha serie de [[Columna (arquitectura)|columna]]s que arrodean un patio ou un edificio e que marcaban unha separación respecto do [[pórtico]]. Tamén se usaban para circundar a estrutura central dos [[templo grego|templos gregos]]. O espazo central delimitado polas columnas tamén se chama '''perístilo''' (do latín ''peristylium''). Era principalmente usado na arquitectura do [[Antigo Exipto]], na [[Grecia antiga]] e na [[Roma antiga]], tendo esta última moita influencia no movemento [[Neoclasicismo|neoclásico]].
 
Co paso do tempo, a arquitectura relixiosa derivada das basílicas romanas vai dar lugar á aparición do [[claustro]].