Diferenzas entre revisións de «Nino Farina»

m
m (Bot: Modifico: lv:Nino Farinalv:Džuzepe Farina)
 
== Traxectoria ==
Giuseppe estaba doutorado en Leisdereito, e era sobriño do deseñador Pinin Farina. As súas primeiras experiencias en pista fíxoas con [[Maserati]], aínda que a súa carreira comezaría a florecer co seu pase a [[Alfa Romeo]], onde tivo como compañeiro de equipo a [[Tazio Nuvolari]]. A fins da década dos [[Anos 1930|30]], Farina gañou varios Gran Premios menores, que lle permitiron obter o título de campión italiano de pilotos durante tres anos seguidos ([[1937]]-[[1939]]). No ano seguinte lograría o seu primeiro triunfo grande, no [[Gran Premio de Trípoli]] de [[1940]], en [[Libia]]. No momento en que estaba chegando á súa madurez como piloto, desatouse a [[Segunda Guerra Mundial]], e pasarían oito anos antes de que Farina puidese gañar outro Gran Premio.
 
Na posguerra, Nino tomou parte en varios grandes premios cun Maserati propio, logrando desta forma un triunfo no [[Gran Premio de Mónaco]] de [[1948]]. Cando a [[Fédération Internationale de l'Automobile]] anunciou o Campionato Mundial de Fórmula 1 de {{F1|1950}}, Farina asegurouse unha praza no equipo Alfa Romeo, xunto a [[Juan Manuel Fangio]] e ao italiano [[Luigi Fagioli]], ao mando dun dos aparentemente invencibles 158 Alfetta. Farina obtivo 3 vitorias nas 7 carreiras do campionato, e logrou así o seu primeiro campionato mundial na categoría. Era o cumio da súa carreira.
En [[1956]], Farina planificou o seu regreso nas [[500 millas de Indianápolis]], pero sufriu unha lesión no seu pescozo durante unha carreira menor en Monza. Tras a súa recuperación, intentou regresar ás pistas en Indianápolis, pero desistiu tras presenciar a morte dun compañeiro que estaba probando o auto que lle correspondía a Farina.
 
Figura notable dos primeiros anos da Fórmula 1, Farina era recoñecido polo seu estilo de manexo e a súa intelixencia, pero tamén pola súa petulancia e o seu desprezo polos seus rivais na pista. Ironicamente, e a pesar de todos os accidentes aos que sobreviviu nos seus últimos anos como piloto, perdeu a vida nun accidente de coche fóra das pistas en [[Chambéry]], mentres se dirixía como espectador ao [[Gran Premio de Francia]].
 
== Resultados Completos en Fórmula 1 ==
1.480

edicións