Dólar canadense: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.7.2+) (Bot: Modifico: yo:Dọ́là Kánádà
Elvire (conversa | contribucións)
Liña 10:
Os canadenses usan [[moeda]]s e billetes cunha denominación similar á dos Estados Unidos. De feito, historicamente, os tamaños das moedas inferiores a 50 ''cents'' son case idénticos aos das moedas norteamericanas, debido ao feito de que os dous países usaban o dólar español como base (a pequena diferenza de tamaño nos valores de 10 e 25 cents —as moedas canadenses son un pouco mais pequenas que as estadounidenses— débese a que antigamente as moedas canadenses acuñábanse en prata de 92,5 p. 100 de pureza, e as estadounidenses en prata de 90,0 p. 100).
 
As moedas canadenses (de 1, 5, 10, 25 e 50 ''cents'' e 1 e 2 dólares) son emitidas pola Real Casa da Moeda Canadense (''Royal Canadian Mint, Monnaie Royale Canadienne'') e acúñanse en [[Winnipeg]]. Os billetes (de 5, 10, 20, 50, 100 e 1.000 dólares) emíteos o Banco do Canadá (''Bank of Canada, Banque du Canada'') e prodúcense en [[Otava - Ottawa|Otava]]. Tanto as moedas como os billetes levan as inscricións nas dúas [[lingua oficial|linguas oficiais]] do Canadá: o inglés e o francés.
 
As moedas de 1$ coloquialmente chámanse ''loonies'', do nome inglés (''common loon'') de colimbo grande (un paxaro acuático de nome científico ''Gavia immer'') que figura no reverso, e este nome úsase a miúdo para referirse tamén á unidade monetaria en xeral; en francés din ''dollar huard'' co mesmo sentido, ou tradicionalmente ''piastre''. As moedas de 2$, onde figura un [[oso polar]], por analoxía chámanse ''twonies'' (ou ''toonies'').