Paramecio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 39:
== Alimentación ==
 
Os paramecios aliméntanse de [[bacteria]]s, [[alga]]s e [[lévedo]]s, e ocasionalmente pódese producir a inxesta de protozoos de pequeno tamaño. Para capturalos incrementa o movemento dos cilios situados arredor e dentro do citostoma creando unha corrente de auga e partículas cara aao seu interior. As partículas de alimento vanse acumulando na citofarinxe e cando hai suficiente cantidade fórmase un vacúolo dixestivo. Os vacúolos dixestivos formados percorren un circuíto específico a través do [[citoplasma]] (da parte posterior á anterior da célula) durante o cal o seu contido se dixire encimaticamente, e o alimento dixerido absórbese cara ao citoplasma mentres o vacúolo reduce o seu tamaño. Os restos sen dixerir, cando se chega ao final do circuíto, son expulsados a través dun poro anal. Para facilitar a captura das súas presas Paramecium pode disparar tricocistos, orgánulos de forma baciliforme que se sitúan en ringleiras e que se disparan en forma de filamentos rematados en punta de frecha ; este comportamento tamén se utiliza como sistema de defensa. Para compensar o aumento de presión que se produce na célula como consecuencia de todo este proceso de alimentación, cada célula dispón de dous vacúolos contráctiles que eliminan o exceso de auga continuamente.
 
== Hábitat ==