Louis Barthou: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-|right| +|dereita| & -|left| +|esquerda|)
Sen resumo de edición
Liña 5:
Naceu no seo dunha familia humilde, estudou dereito na Universidade de [[Bordeos]], aínda que rematou a carreira en [[París]] en [[1886]] e exerceu como avogado en [[Pau]], redactor en xefe de ''l'indépendant des Basses-Pyrénées'' únese aos Republicanos Moderados e en [[1889]] sae elixido deputado polos Baixos Pireneos, e alí permanecerá ata que en 1922 deixe a Cámara dos Deputados polo Senado.
 
Ministro de traballo en 1894, ministro do interior en 1896, outra vez ministro de traballo en 1906, Barthou converteuse nunha das figuras máis relevantes da [[IIITerceira República francesa|III RepúblicaFrancesa]].
 
O [[22 de marzo]] de [[1913]] baixo a presidencia de [[Raymond Poincaré]] convértese en presidente do consello, durante o seu mandato fai aprobar a lei que aumenta a tres anos o servizo militar. Despois dun período afastado do primeiro plano da política, en 1917 faise cargo do Ministerio de Asuntos Exteriores e posteriormente será ministro de guerra e xustiza. En 1934 entra como ministro de asuntos exteriores no goberno de unidade nacional dirixido por [[Gaston Doumergue]], Barthou esfórzase por illar ao goberno de [[Adolf Hitler]], establecendo alianzas cos países da Europa central, pero o [[9 de outubro]] de 1934 foi asasinado en [[Marsella]] co rei [[Alexandre de Iugoslavia]].