Xanthos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
Nova páxina: :Este artigo fai referencia á cidade antiga de Xanthos, para outros Xanthos ver aquí Xanthos (homónimos ---- '''Xanthos''' (latín '''Xanthus''') foi a capital de [[Licia]...
 
Servando2 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 5:
'''Xanthos''' ([[latín]] '''Xanthus''') foi a capital de [[Licia]] e estaba situada próxima á desembocadura do [[río Xanthos]]. Os edificios principais eran o templo de [[Sarpedón]] e o de Apolo de Licia. Non demasiado lonxe estaba o santuario de [[Leto]], á beira do río. O seu nome licio era [[Arñna]], e os [[hititas]] coñecérona como '''[[Arinna]]'''.
 
A cidade foi atacada polo xeneral persa [[Harpago]], ao servizo de [[Ciro II|Ciro II o grande]]. Os habitantes defendéronse heroicamente e finalmente queimaron a cidade antes de caeren en mans dos persas (sobre o [[-544]] - [[-543]]). Máis tarde foi reconstruída e uns vinte anos despois emitíronse moedas na cidade. Foi incluída na primeira satrapía de [[Darío I|Dario I de Persia]], onde se coñece o imposto asignado. A arqueoloxía demostra que foi destruída outra vez durante as loitas entre persas e gregos sobre o [[-475]] - [[-470]], por uns ou outros ou por causas naturais, e unha vez máis foi reconstruída. Antes do [[-400]] Xanthos incorporou Telmessos.
 
É mencionada como cidade de Licia por escritores gregos e romanos. [[Alexandre o Grande]] ocupou a cidade pero non está claro se pola forza (como di [[Apiano]]) ou voluntariamente (como di [[Arriano]]). Despois da morte de Alexandre pertenceu a [[Antígono]] do que pasou a [[Ptolomeo I Sóter]], e do que máis tarde pasou aos [[seléucidas]], o [[-272]] e o [[-188]] foi incluída no [[reino de Pérgamo]] pola paz de [[Apamea]]. O [[-133]] o reino de Pérgamo pasou a [[Roma antiga|Roma]] por legado, e así Xanthos vai converterse en cidade romana.