Áiax o Grande: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Falanxe (infantaría)
Liña 6:
Pelexou na guerra con coraxe e destreza, [[suicidio|suicidándose]] logo de tolear porque os gregos lle negaron as armas do seu querido curmán, Aquiles.
 
Na ''[[Ilíada]]'' de [[Homero]] descríbeselle como un guerreiro de gran estatura e forza colosal, teimudo e de inmenso escudo que por si mesmo é un antemural das [[Falanxe (infantaría)|falanxe]]s, segundo en destreza e valentía na batalla unicamente por detrás de Aquiles. Non foi ferido en ningunha das batallas relatadas na ''Ilíada'', e é o único personaxe de importancia na obra que non recibiu axuda por parte de ningún dos deuses gregos. Ó igual que Aquiles foi soterrado polo [[centauro]] [[Quirón]]. Áiax foi un dos reis máis importantes no campo de batalla, pero non tan sabio como [[Néstor]], [[Idomeneo]] ou [[Menesteo]], nin tan hábil como [[Diomedes]], [[Odiseo]] ou [[Palamedes]]. Mandaba o seu exército levando unha gran hacha de guerra e un enorme escudo, acompañado sempre polo seu irmán Teucro.
 
Durante a guerra de [[Troia]] loitou contra [[Heitor]] en dúas ocasións. A primeira foi nun duelo que durou todo un día sen que houbese vencedor. A segunda foi durante unha incursión dos troianos no campamento dos aqueos, onde ambos pelexaron nos barcos gregos. Áiax case matou a Héctor arroxándolle unha pedra maior que o propio príncipe troiano. Ámbolos dous encontros tiveron lugar cando Aquiles abandonara o campo de batalla debido ó seu enfado con [[Agamenón]].