Metabolito: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
Un '''metabolito''' é un [[materia orgánica|composto orgánico]] intermediario ou produto do [[metabolismo]]. O termo resérvase xeralmente para moléculas orgánicas pequenas ou para [[monómero]]s, por oposición ás [[macromolécula]]s. Así, a [[glicosa]] é un metabolito, contrariamente ao [[glicóxeno]], que é un [[polisacárido]] de elevado peso molecular.
 
Os metabolitos orixínanse uns a partir dos outros en cadeas de reaccións chamadas [[vía metabólica|vías metabólicas]], catalizadas por encimas[[encima]]s. O [[metaboloma]] é o conxunto de metabolitos da célula, que forma unha ampla rede de rutas metabólicas interrelacionadas.
 
Os metabolitos xeralmente permanecen dentro das células, pero tamén poden ser expulsados ao exterior. Os metabolitos dos tóxicos inhalados, inxeridos ou dispersados no medio son de interese para os toxicólogos, ecotoxicólogos e ecólogos porque son indicadores de contaminación ou porque a súa toxicidade pode ser maior ca a da molécula da que proceden, como ocorre con certas moléculas químicas, como por exemplo o monometil mercurio ou o dimetilmercurio, que son máis tóxicas e bioacumulables ca o propio mercurio metálico puro. En certos casos ignórase se certas moléculas problemáticas atopadas no solo, aire e auga son simples residuos de degradación física (por efecto dos raios ultravioleta, por exemplo) ou se se trata de verdadeiros produtos metabólicos dos seres vivos.
 
Os metabolitos derivados dun composto químico, xa sexa este celular ou un fármaco administrado, fórmanse durante os procesos bioquímicos de transformaciòn, degradación e eliminación dese composto dentro da célula. A taxa de degradación dun composto é un importante determinante da duración e intensidade da súa acción. Estudar os metabolitos dun composto farmacéutico, é unha parte importante das investigacións para descubrir novos fármacos, que permite comprender os posibles efectos secundarios indesexados que orixina.
 
==Clasificación==
Distínguese entre metabolitos primarios e secundarios.
 
* Os '''metabolitos primarios''' están directamente implicados nos procesos indispensables para o desenvolvemento normal e a reprodución da célula. Son por exemplo os [[aminoácido]]s, os [[ácido carboxílico|ácidos carboxílicos]], os [[alcohol|alcohois]], os [[antioxidante]]s, os [[nucleótido]]s, os [[poliol|poliois]] ou as [[vitamina]]s. Moitos metabolitos primarios son interesantes para industria e son producidos pola microbioloxía industrial.<ref name="test">[http://www.springerlink.com/content/j627l3771783g814/ Demain, Arnold L. "Microbial Production of Primary Metabolites." MIT, 1980.] {{en}}</ref>
 
 
* Os '''metabolitos secundarios''' non participan directamente nos procesos vitais da célula, mais interveñen tamén en funcións ecolóxicas importantes. Son por exemplo os [[antibiótico]]s e os [[pigmento]]s. Nas plantas, os metabolitos secundarios son importantes para a supervivencia e a propagación da especie. Nelas exercen funcións, como [[feromona]]s ou sinais químicos que permiten á planta adaptarse ao seu medio, ou medios de defensa contra os [[herbívoro]]s, os [[patóxeno]]s ou os competidores. Outros protexen a planta das radiacións solares ou facilitan a dispersión do [[pole]] e das [[semente]]s <ref>Source Peter H.Raven, Ray F.Evert, Susan E.Eichhorn. ''Biologie végétale, 2ª edición'', De Boeck, 2007. ISBN 978-2-8041-5020-4. {{fr}}</ref>.