Metabolito: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Nova páxina: "Un '''metabolito''' é un composto orgánico intermediario ou produto do metabolismo. O termo resérvase xeralmente para moléculas orgánicas pequenas o..."
 
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
Un '''metabolito''' é un [[materia orgánica|composto orgánico]] intermediario ou produto do [[metabolismo]]. O termo resérvase xeralmente para moléculas orgánicas pequenas ou para [[monómero]]s, por oposición ás [[macromolécula]]s. Así, a [[glicosa]] é un metabolito, contrariamente ao [[glicoóxenoglicóxeno]], que é un [[polisacárido]] de elevado peso molecular.
 
Os metabolitos orixínanse uns a partir dos outros en cadeas de reaccións chamadas [[viávía metabólica|vías metabólicas]], catalizadas por encimas.
 
Os metabolitos xeralmente permanecen dentro das células, pero tamén poden ser expulsados ao exterior. Os metabolitos dos tóxicos inhalados, inxeridos ou dispersados no medio son de interese para os toxicólogos, ecotoxicólogos e ecólogos porque son indicadores de contaminación ou porque a súa toxicidade pode ser maior ca a da molécula da que proceden, como ocorre con certas moléculas químicas, como por exemplo o monometil mercurio ou o dimetilmercurio, que son máis tóxicas e bioacumulables ca o propio mercurio metálico puro. En certos casos ignórase se certas moléculas problemáticas atopadas no solo, aire e auga son simples residuos de degradación física (por efecto dos raios ultravioleta, por exemplo) ou se se trata de verdadeiros produtos metabólicos dos seres vivos.