Chuza!: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Toliño (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 1:
'''Chuza!''' é unha [[rede social]] de promoción de novas, que funciona maioritariamente nun ámbito galego. Foi creada por [[Berto Yáñez]] e comezou a funcionar o [[20 de febreiro]] de [[2006]] e o [[25 de xullo]] de [[2010]] foi pechada temporalmente polo seu autor, quen alegou esgotamento. O proxecto pasou entón a mans da comunidade de usuarios, que reabriron a rede social ás poucas semanas e constituíronse en asociación cultural o [[16 de outubro]] do mesmo ano <ref>[http://www.galiciaconfidencial.com/nova/6413.html Chuza comezará a renacer este sábado], <small>Galicia Confidencial (13/10/2010), consultado o 19 de maio de 2011</small></ref>.
 
==Historia e descrición==
Liña 12:
==Funcionamento==
Os usuarios rexistrados envían historias a Chuza! de esta forma:
 
* A fonte orixinal ten que ter unha [[URL]] que é enviada a Chuza! por medio dun proceso de envío<ref>http://chuza.gl/submit.php</ref> de 3 pasos onde se describe a nova mediante título, [[tag]]s, resumo e categorías.
* Ao final do envío da nova esta pasa a unha lista de pendentes, onde outros usuarios a votan positiva ou negativamente, de forma que a nova vai aumentando o seu "[[karma]]".