José Alfredo Martínez de Hoz: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
+imaxe
Elisardojm (conversa | contribucións)
economia>economía
Liña 9:
En maio dese ano houbo ocasión de polos en práctica durante a represión dunha masiva [[folga de Acindar de 1975|folga de metalúrxicos]] na planta de Acindar en [[Villa Constitución]], dirixida por Alberto Piccinini, secretario local da [[Unión de Obreros Metalúrgicos]] e oposto á liña ''branda'' de [[Lorenzo Miguel]]; ante a folga, que durou 59 días, Martínez de Hoz obtivo do ministro de Interior, [[Alberto Rocamora]], a declaración da ilegalidade da [[folga]] e o envío das forzas de seguridade. Numerosos folguistas foron [[secuestro|secuestrados]], sometidos a simulacros de [[fusilamento]], e outros [[asasinato|asasinados]]<ref>Hernández (1998)</ref>. Dentro das instalacións da fábrica montouse o primeiro [[centro clandestino de detención]], unha antesala dos que se aplicarían logo durante o ''[[Operativo Independencia]]''. [[Rodolfo Peregrino Fernández]], entón inspector da [[Policía Federal Arxentina]], declararía ante a Comisión Arxentina de Dereitos Humanos que Acindar "''pagaba a todo o persoal policial xefes, suboficiais e tropa un plus extra en diñeiro (...) para convertela nunha especie de fortaleza militar con cercos de arame de púas''". A substitución de Martínez de Hoz á fronte de Acindar sería o xeneral [[Alcides López Aufranc]], o que continuaría co labor represivo.<ref>Bonasso (2000a)</ref>
 
==Ministro de EconomiaEconomía 1976 - 1981==
A tarefa de Martínez de Hoz como ministro, tal como expresouna na presentación do seu ''Plan Económico'' o [[2 de abril]] de [[1976]], era a de deter a [[inflación]] e estimular a [[investimento]] estranxeira. Apoiado na estrita prohibición da [[folga]] ou calquera outra forma de protesta [[sindicato|sindical]], Martínez de Hoz decretou o congelamiento dos salarios. A apertura arancelaria que impuxo, co obxecto expreso de incrementar a competitividade da industria nacional, tivo efectos desastrosos sobre esta, que se reduciu ante a imposibilidade de competir coa produción estranxeira; os subsidios á produción elimináronse por completo.