Epidídimo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 60:
==Histoloxía==
O epidídimo está cuberto por un [[epitelio pseudoestratificado]] de dúas capas. O [[epitelio]] está separado por unha [[membrana basal]] da parede de [[tecido conectivo]] que contén células de [[músculo liso]]. Os principais tipos celulares que se encontran no epitelio son:
* '''Células principais''': células columnares que, xunto coas células basais, forman a maioría do epitelio. Estas células esténdense desde o lume do conduto á lámina basal.<ref name=kierszenbaum556>{{cite book|last=Kierszenbaum|first=Abraham L.|title=Histology and cell biology : an introduction to pathology|year=2002|publisher=Mosby|location=St. Louis [u.a.]|isbn=0-323-01639-1|pages=556}}</ref> Teñen [[estereocilio]]s non móbiles, que son longos e ramificados na rexión da cabeza e máis curtos na rexión da cola.<ref name=kierszenbaum556/> SegreganOs esteroeocilios co [[microscopio]] óptico parecen [[cilio]]s, pero co [[microscopio electrónico]] vese que estrutural e funcionalmente son similares a ''microvilli'', polo que ás veces se denominan ''stereovilli''. <ref>{{Cite book | author=Ross, Michael H.; Pawlina, Wojciech | authorlink= | coauthors= | title=Histology: A Text and Atlas | year=2011 | publisher=Lippincott Williams & Wilkins | location= | isbn=978-0-7817-7200-6 | pages=110–112}}</ref> As células principais segregan ao lume do conduto [[carnitina]], [[ácido siálico]], [[glicoproteína]]s, e [[glicerilfosforilcolina]].
* '''Células basais''': máis curtas e de forma piramidal. Contactan coa lámina basal pero adelgázanse en dirección á superficie apical para atinguir o lume. <ref name=kierszenbaum556/> Pénsase que son precursores indiferenciados das células principais. <ref name=kierszenbaum556/>
* '''Células apicais''': encóntranse predominantemente na rexión da cabeza. <ref name=kierszenbaum556/>