Testículo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-|right| +|dereita| & -|left| +|esquerda|)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 26:
* '''Migración dos testículos''': no home, como no resto de [[mamífero]]s, os testículos proceden do interior da [[cavidade abdominal]], a dereita e esquerda da [[columna lumbar]], ao lado dos [[ril]]es. No terceiro mes do desenvolvemento fetal, os testículos abandonan esta rexión e descenden polo conduto inguinal, atravesando a parede abdominal, arrastrando consigo as bolsas que os envolven ata a súa posición definitiva. O descenso incompleto dos testículos chámase [[criptorquidia]].
 
* '''Número''': os testículos son dous, un no lado dereito e outro no lado esquerdo. Anormalmente pode existir un só testículo por ausencia de desenvolvemento do outro. Cando tamén falta o [[epidídimo]] e o conduto deferente, chámase '''monorquidia'''; cando faltan os dous testículos chámase '''anorquidia'''.
 
* '''Tamaño''': nos cativos o tamaño dos testículos é relativamente pequeno (de 1 a 2 [[centímetro|cm]] de lonxitude). Na [[puberdade]] e ata a [[adolescencia]] crecen ata alcanzar entre 3 e 6 cm de lonxitude e entre 2 e 3 cm de ancho. Este tamaño consérvase máis ou menos estable durante toda a vida, aínda que ás veces se percibe unha lixeira [[atrofia]] na [[vellez]] ou un lixeiro aumento de tamaño debido ao consumo de [[esteroide]]s. O tamaño desmesurado dos testículos débese na maioría das ocasións a unha [[hidrocele]] (acumulación de líquido na túnica serosa do testículo).