Aristófanes: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.7.2+) (Bot: Engado: ast:Aristófanes
Sen resumo de edición
Liña 3:
'''Aristófanes''' ([[-448|448 a.C.]] - [[-380|380 a.C.]], en [[grego antigo|grego]] Ἀριστοφάνης) foi un cómico e dramaturgo grego.
 
Sonnos descoñecidos o lugar e a data do seu nacemento, mais posiblemente se educou en Atenas. Vivía no lugar de ''Kudathenaium''. É famoso por ter escrito comedias como ''[[As aves (obra)|As aves]]'' para festas atenienses: as [[Grandes dionisíacas]] e a [[Lenea]]. En total escribiu corenta obras, once das cales chegaron ata nós, e que son os únicos exemplos superviventes da [[comedia ática|Comedia ática antiga]]. Moitas destas pezas tratan temas políticos. Adoitaban ser [[sátiras]] dos cidadáns máis famosos de Atenas ou a súa conduta na [[Guerra do Peloponeso]]. Foi acusado diversas veces de [[difamación]]. Unha comedia famosa, ''[[As ras (obra)|As ras]]'', recibiu a honra insólita de ser repetida, e segundo un biógrafo posterior, foi premiada cunha [[coroa cívica]].
 
Aristófanes aparece na obra ''[[O banquete]]'' de [[Platón]], expondo unha explicación mitolóxica cómica da orixe do [[amor]]. ''[[As nubes (obra)|As nubes]]'', unha produción desastrosa que acabou nun humillante último posto nunha festa ''Dionisíaca'', satiriza o novo ensino da sofística, tan de moda entre a aristocracia do momento; [[Sócrates]] será a vítima satirizada, aparecendo como un [[sofista]]. ''[[Lisístrata (comedia)|Lisístrata]]'' foi escrita durante a guerra con [[Esparta]], e presenta o pacifismo de forma cómica: as mulleres de ambas as cidades deixan de ter [[sexo]] cos seus maridos ata que abandonen a loita.