Aldara de Celanova: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Traxectoria: Afonso IV de León
m →‎Traxectoria: arranxiño
Liña 6:
Pertencía a unha estirpe emparentada cos reis galaico-leoneses. Era nora de [[Afonso III o Magno]], cuñada do rei de Galicia [[Ordoño II]], tía do rei de Galicia [[Sancho Ordóñez]] así como dos reis [[Afonso IV de León|Afonso IV]] e [[Ramiro II de León|Ramiro II]]. <ref> ''Hernández Figueiredo, San Rosendo, bispo de Mondoñedo, fundador de Celanova y pacificador de la Gallaecia''. Ed. BAC. Madrid 2007, pax. 49. ISBN 978-84-7914-878-2</ref>.
 
Tiña posesións ao longo do [[reino de Galicia]], incluíndo as terras do [[Bierzo]] e o norte da actual [[Portugal]]. Exerceu poderes públicos nos condados de [[Ortigueira]], [[Saviñao]], [[Lor]], Castillón, [[Quiroga]] e [[Caldelas]] e nas decanías de [[Ladra]], [[O Páramo]], [[Salnés]], [[Tredóns]], [[Sorga]], e [[Limia]]<ref>A Gran Historia de Galicia IV, volume 2, Ed. La Voz de Galicia, 2007, pax. 95. ISBN 978-84-96931-00-8</ref>. Salientou pola acertada administración dos seus dominios e o senso da xustiza no exercicio da súa autoridade.
 
Arredor do ano [[890]] casou con un dos máis importantes condes galegos, [[Gutier Menendiz]]. A unión de ambas familias supuxo a creación dun dos maiores patrimonios territoriais do [[reino de Galicia]] altomedieval<ref>[[María del Carmen Pallares Méndez|Pallares Méndez, María del Carmen]], ''Ilduara, una aristócrata del siglo X''. Ed. do Castro, Sada, 2004. pax. 87 e ss. ISBN 84-8485-140-0</ref>. Residiu sempre en terras galegas, ben no Condado Portucalense ben na Galicia nuclear onde son de destacar [[Portomarín]] e especialmente [[Vilanova dos Infantes]] onde situou a casa-residencia principal da súa familia, alí fundou co seu fillo [[Rosendo de Celanova|Rosendo]] o [[mosteiro de San Salvador de Celanova]] (centro monástico de primeira orde na Galicia do século X), ao que Ilduara doou parte do seu patrimonio<ref>Andrade, J.M. ''O tombo de Celanova'', Santiago de Compostela,1995</ref>. No documento de doazón figuran como testemuñas o propio rei, bispos, abades e mulleres e homes nobres máis importantes do momento.