Carlo Collodi: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: an:Carlo Collodi
Xqbot (conversa | contribucións)
m r2.7.3) (Bot: Engado: io:Carlo Collodi; cambios estética
Liña 1:
{{Escritor
|nome = '''Carlo Lorenzini''' <br />alias <br />''Carlo Collodi''
|imaxe = Carlo Collodi.jpg
|descrición = Carlo Collodi (1826-1890)
Liña 12:
}}
 
'''Carlo Collodi''' é o pseudónimo de '''''Carlo Lorenzini''''', nado o [[24 de novembro]] de [[1826]] en [[Florencia - Firenze|Florencia]] e finado na mesma cidade o [[26 de outubro]] de [[1890]], foi un escritor [[italia|italiano]]no. A súa sona provén do ser o autor do relato de literatura infantil ''Le avventure di Pinocchio. Storia di un burattino'', mundialmente coñecido de xeito abreviado como ''[[Pinocchio]]'' (en galego [[Pinoquio]]).
 
== Traxectoria ==
Procedía dunha familia humilde. Seu pai era cociñeiro e súa nai serventa doméstica. Puido estudar grazas á axuda da familia Gironi Garzoni.
 
Liña 23:
En [[1856]] escribiu un artigo no que usou por primeira vez o pseudónimo ''Collodi'', que corresponde a un lugar de [[Pescia]], da que era orixinaria súa nai. Dese mesmo ano datan as primeiras obras significativas que publicou: ''Gli amici di casa'' e ''Un romanzo in vapore. Da Firenze a Livorno. Guida storico-umoristica''.
 
Tres anos máis tarde participou nas nova loita polo ''Risorgimento'' ou da [[independencia italiana]] en [[1859]]. Fíxose xornalista xa en maio [[1860]]. Escrebeu algunhas novelas e pezas teatrais, que non tiveron grande éxito.
 
A partir de [[1875]] Carlo Collodi comezou a escreber para a infancia, adaptando os ''Contos'' de [[Charles Perrault]], e outros autores, en [[lingua italiana|italiano]].
 
Premido por débedas de xogo, princupiou a escreber ''Pinocchio'' en [[1881]], que foi aparecendo como folletín no ''Giornale per i bambini'' até [[1883]]. O relato abríulle as portas do éxito, mais Collodi non voltaría a atopar xamais unha inspiración similar para obras posteriores. En [[1877]] publicou ''Giannettino'', e, en 1878, ''Minuzzolo''. En 1883 publicou "Pinocchio" como libro, e no mesmo ano pasou a ser o director do ''Giornale per i bambini''. Carlo Collodi faleceu repentinamente; foi sepultado no cimeterio de [[San Miniato al Monte]] de Florencia.
 
Un dos seus sobriños, Paolo Lorenzini, tamén escritor, lograría unha certa celebridade, especialmente nos Estados Unidos, mercé a fama do tío, adoptando o pseudónimo de [[Collodi Nipote]].
Liña 55:
[[hu:Carlo Collodi]]
[[id:Carlo Collodi]]
[[io:Carlo Collodi]]
[[it:Carlo Collodi]]
[[ja:カルロ・コッローディ]]