Diferenzas entre revisións de «Idade Contemporánea»

Desfíxose a edición 2192189 de BotDHojalata (conversa)
m (→‎Modelo de proceso revolucionario: Revolución Rusa de 1917)
(Desfíxose a edición 2192189 de BotDHojalata (conversa))
A transformación da [[sociedade preindustrial]] agropecuaria e rural nunha [[sociedade industrial]] e urbana iniciouse propiamente cunha nova e decisiva transformación do mundo agrario, a chamada [[revolución agrícola británica|revolución agrícola]] que aumentou de forma importante os baixísimos rendementos propios da agricultura tradicional grazas a melloras técnicas como a [[rotación de cultivos]], a introdución de [[abono]]s e novos produtos (especialmente a introdución en Europa de dúas plantas americanas: o [[millo]] e a [[pataca]]). En todos os períodos anteriores, tanto nos [[Despotismo hidráulico|imperios hidráulicos]] (Exipto, Mesopotamia, India ou China antigas), como na Grecia e Roma [[modo de produción escravista|escravistas]] ou a Europa [[Economía feudal|feudal]] e do [[Antigo Réxime]], ata nas sociedades máis involucradas nas transformacións do [[capitalismo comercial]] do ''[[Teoria do sistema-mundo|moderno sistema mundial]]'',<ref>Concepto de [[Fernand Braudel]] e [[Immanuel Wallerstein]].</ref> era necesario que a gran maioría da forza de traballo producise alimentos, quedando unha exigua minoría para a vida urbana e o escaso traballo industrial, a un nivel tecnolóxico artesanal, con altos [[Teoría do valor como custo de produción|custos de produción]]. A partir de entón, empeza a ser posible que os substanciais excedentes agrícolas alimenten a unha poboación crecente (inicio da [[transición demográfica]], pola diminución da mortalidade e o mantemento da natalidade en niveis altos) que está dispoñible para o traballo industrial, primeiro nas propias casas dos campesiños (''[[Sistema Putting-out|domestic system]]'', ''[[Sistema Putting-out|putting-out system]]'') e enseguida en grandes complexos fabrís (''[[factory system]]'') que permiten a [[división do traballo]] que conduce ao imparable proceso de especialización, tecnificación e mecanización. A man de obra se ''[[Proletariado|proletariza]]'' ao perder a súa sabedoría artesanal en beneficio dunha máquina que realiza rápida e incansablemente o traballo descomposto en movementos sinxelos e repetitivos, nun proceso que levará á [[Produción en cadea|produción en serie]] e, máis adiante (no século XX, durante a [[Segunda revolución industrial]]), ao [[fordismo]], o [[taylorismo]] e a [[Produción en cadea|cadea de montaxe]]. Se o produto é menos belo e deshumanizado (crítica dos partidarios do mundo preindustrial, como [[John Ruskin]] e [[William Morris]]), non é menos útil e sobre todo, é moito máis beneficioso para o [[empresario]] que o consegue lanzar ao mercado. Os custos de produción diminuíron ostensiblemente, en parte porque ao fabricarse de xeito máis rápido investíase menos tempo na súa elaboración, e en parte porque as propias [[Materia prima|materias primas]], ao ser tamén explotadas por medios industriais, baixaron o seu custo. A [[Normalización|estandarización]] da produción substituíu a exclusividade e escaseza dos produtos antigos pola abundancia e o anonimato dos produtos novos, todos iguais uns a outros.
 
A revolución industrial iniciada en Inglaterra a mediados do século XVIII estendeuse sucesivamente ao resto do mundo mediante a difusión tecnolóxica ([[transferencia tecnolóxica]]), primeiro a Europa Noroccidental e despois, no que se denominou [[Segunda revolución industrial]] (finais do século XIX), ao resto dos posteriormente denominados [[países desenvolvidos]] (especialmente e con gran rapidez a Alemaña, Rusia, Estados Unidos e Xapón; pero tamén, máis lentamente, a Europa Meridional). A finais do século XX, no contexto da denominada [[Terceira revolución industrial]], os [[Paises recentemente industrializados|NIC]] ou novos países industrializados (especialmente China) iniciaron un rápido crecemento industrial. PorénNo entanto, a influencia da revolución industrial, desde o seu mesmo inicio estendeuse ao resto do mundo moito antes de que se producise a [[industrialización]] de cada un dos países, dado o decisivo impacto que tivo a posibilidade de adquirir grandes cantidades de produtos industriais cada vez máis baratos e diversificados. O mundo dividiuse entre os que producían [[manufactura|bens manufacturados]] e os que tiñan que conformarse con intercambialos polas [[Materia prima|materias primas]], que non achegaban practicamente [[valor engadido]] ao lugar do que se extraían: as [[colonialismo|colonias]] e [[Neocolonialismo|neocolonias]] (África, Asia e América Latina, tanto antes como logo dos procesos de independencia dos séculos XIX e XX).
 
==== Por que Inglaterra? ====
Atribuíndo ao Estado a inevitable tendencia a arroiar estes dereitos (pola [[corrupción política|corrupción]] propia do exercicio do poder), os ilustrados concibiron garantir a [[liberdade individual]] limitándoo mediante unha "[[Constitución|constitución política]]", preferindo o [[imperio da lei]] ao goberno do rei. Aínda que podían diferir sobre as súas preferencias en canto á definición do sistema político, desde a maior autoridade do rei ata o principio de [[separación de poderes]] ([[Montesquieu]], ''[[O espírito das leis]]'', 1748 -De l'esprit des lois, {{fr}}-) e, no seu extremo, o principio de [[vontade xeral]], [[soberanía nacional]] e [[soberanía popular]] ([[Jean Jacques Rousseau]], ''[[O contrato social]]'', 1762 -Du contrat social, {{fr}}-), entendían que debía rexerse por unha ''Lei Suprema'' que atendese ás esixencias da razón e que proporcionase máis ''[[felicidade]]'' pública (ou máis ben: permitise a ''[[procura da felicidade]]'' individual de cada individuo). Tal constitución, na súa interpretación máis radical, debía ser xerada polo [[pobo]] e non pola [[monarquía]] ou o gobernante, xa que se trata dunha expresión da [[soberanía]] que reside na [[nación]] e nos [[cidadán]]s (non no monarca, como predicaban os defensores do [[absolutismo]] desde o século XVII: [[Thomas Hobbes|Hobbes]] ou [[Jacques-Bénigne Bossuet|Bossuet]]). Para garantir o equilibrio dos poderes, o [[poder xudicial]] habería de ser independente, e o [[lexislativo]] exercido por un [[parlamento]] que represente á nación e sexa elixido polo pobo, ou polo menos no seu nome, por un [[corpo electoral]] cuxa representatividade podía entenderse máis ou menos ampla ou restrinxida. Estas formulacións, baseadas na práctica do [[parlamentarismo]] británico posterior á ''[[Revolución Gloriosa]]'' ("the Glorious Revolution" {{en}}) de 1688, convertéronse no corpo doctrinal do [[Liberalismo|liberalismo político]].
 
Foi transcendental a influencia que sobre os teóricos políticos da Ilustración tivo ese exemplo, recoñecido nos escritos de Voltaire ou Montesquieu. Tamén a [[Constitución dos Estados Unidos de América]] (1787), está fortemente imbuída na tradición xurídica [[dereito ordinario|ordinaria]] británica. A opción por unha constitución escrita no canto de ordinaria explícase tanto pola influencia da ideoloxía da [[Ilustración]] nos constituíntes americanos como polo feito de que o proceso xurídico británico produciuse no lapso duns 600 anos, mentres que o seu equivalente estadounidense produciuse en apenas unha década. O texto escrito fíxose indispensable para crear todo un novo sistema político desde a nada, ao contrario do caso británico, que evolucionara con sucesivas adicións e decidido co paso dos séculos. Reflexábase no prestixio de varios textos legais (algúns medievais, como a ''[[Carta Magna]]'' de 1215, outros modernos como o ''[[Bill of Rights]]'' de 1689 -Declaración de dereitos {{gl}}-), a [[xurisprudencia]] de tribunais con xuíces independentes e [[xurado]]s e os usos políticos, que implicaban un equilibrio de poderes entre Coroa e Parlamento (elixido por circunscricións desiguais e [[Sufraxio censitario|sufraxio restrinxido]]), fronte ao que o ''Goberno da súa Maxestade'' respondía. As primeiras constitucións escritas no continente europeo foron a polaca (3 de maio de 1791)<ref>[http://www.meksyk.polemb.net/index.php?document=204 ''Aniversario da primeira Constitución de Polonia'' {{es}}].</ref> e [[Constitución francesa de 1791|a francesa]] (3 de setembro de 1791). PorénNo entanto, o primeiro documento legal moderno do seu tipo (máis ben un exercicio teórico e utopista que non se aplicou) foi o ''Proxecto de Constitución para Córsega'' que [[Jean Jacques Rousseau]] redactou para a breve [[República Corsa]] (1755-1769).<ref>Jean-Jacques Rousseau, Antonio Fermosa Andujar (1988)
[http://dialnet.unirioja.es/servlet/libro?codigo=217394 ''Proxecto de constitución para Córsega. Consideracións sobre o goberno de Polonia'']. Tecnos, ISBN 84-309-1664-4.</ref> As primeiras españolas apareceron como consecuencia da [[Guerra da Independencia española]]: [[Estatuto de Baiona|a redactada en Bayona]] polos [[afrancesado]]s (8 de xullo de 1808) e [[Constitución de Cádiz|a elaborada polos seus rivais do bando patriota]] nas [[Cortes de Cádiz]] (12 de marzo de 1812 [[Constitución española de 1812|chamada popularmente ''Pepa'']]), tomada como modelo por outras en Europa. Na América Hispánica as primeiras constitucións foron creadas entre 1811 e 1812, como consecuencia do [[movemento xuntista]], que foi a primeira fase do [[Guerras de independencia hispanoamericanas|movemento independentista latinoamericano]]. O [[Congreso de Angostura]], coa inspiración de [[Simón Bolívar]], redactou a Constitución da ''[[Gran Colombia]]'' (incluía as actuais Colombia, Ecuador, Panamá e Venezuela) o 15 de febreiro de 1819.
 
103.029

edicións