Ponte disulfuro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎En proteínas regulatorias: adenosín trifosfato
m Osíxeno (elemento)
Liña 1:
Unha '''ponte disulfuro''' ou '''enlace disulfuro''' é un [[enlace covalente]] S-S que une por oxidación dous grupos [[tiol]] de dúas moléculas. As pontes disulfuro máis importantes danse nas proteínas entre dous residuos do [[aminoácido]] [[cisteína]], que ten un grupo tiol (-SH) na súa cadea lateral. A [[molécula]] que se orixina pola unión de dúas cisteínas chámase [[cistina]]. Pero as pontes disulfuro están presentes tamén noutros compostos, como o [[caucho]] vulcanizado.
[[Ficheiro:Disulfide-bond copie.png|500px|centro|miniatura|Formación dunha ponte disulfuro.]]
A ponte disulfuro é un elemento importante das estruturas terciaria (repregamento da [[proteína]]) e cuaternaria (asociación de varias cadeas polipeptídicas) das proteínas. A formación dunha ponte disulfuro a partir de dúas cisteínas ten lugar espontaneamente en condicións oxidantes, en particular en presenza de [[osíxenoOsíxeno (elemento)|O<sub>2</sub>]]. Pero estas condicións non se dan en xeral no citoplasma, que é un ambiente redutor, polo que non se poden formar alí, senón cando as proteínas son secretadas ou expostas na superficie celular. O [[retículo endoplasmático]] ten [[encima]]s que poden catalizar a formación destes enlaces.
 
En bioquímica, a redución dunha ponte disulfuro pode facerse con redutores, como o [[2-mercaptoetanol]] ou o [[ditiotreitol]] (DTT ou reactivo de Cleland).