Traxano: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Traxectoria: Tito Flavio Sabino Vespasiano
m →‎Traxectoria: Xermania Magna
Liña 3:
 
== Traxectoria ==
De familia senatorial, o seu pai xa fora [[Senado romano|senador]] en Roma. Foi o militar mais excelso da epoca do [[Imperio Romano|Imperio]]. Escomenzou a súa carreira militar en Hispania e [[Siria]] durante os reinados dos emperadores [[Tito Flavio Sabino Vespasiano|Tito]] e [[Domiciano]]. Investido pola ''tribunicia potestas'' e polo ''imperium proconsular'', Traxano foi consul con [[Nerva]] no ano [[98]], e de feito o seu corexente. Á morte de Nerva, o [[28 de xaneiro]]<ref>Julian Bennett ''Trajan: optimus princeps : a life and times''. Routledge, 2ªed, 1997, páxina 322</ref> dese ano foi nomeado emperador cando estaba de campaña na [[Xermania Magna|Xermania]] e tardou ainda ano e medio en ir a Roma, asegurando a raia , fixando o ''limes'' ou cadea de fortalezas defensivas na actual rexión de [[Franconia]].
 
Home cordial e aberto, pero moi decidido na loita, a súa política foi moi diferente da dos seus predecesores. A súa permanencia en Roma foi máis ben curta e en estadías separadas ([[99]]-[[101]], [[102]]-[[105]], [[107]]-[[113]]). Inspirou os seus actos de goberno na ética [[estoicismo|estoica]] do ben común e da filantropía, como amosan as súas grandes obras publicas en Roma e Italia, a organización da ''[[anona]]'', as axudas aos máis desfavorecidos, a obrigatoridade dos senadores de mercar terras en Italia e explotalas, o que levou a un gran pulo no comercio e na agricultura, facendo obras no porto de [[Ostia]], que se converteu no principal porto de exportacións do Imperio. Fomentou o desenvolvemento das institucions alimentarias e concedeu empréstimos aos propietarios das terras para medrar as producións. No ano [[114]], o Senado concedeulle o título de ''optimus''.